Rivers Cuomo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Prevert (conversa | contribucións)
m trocar 'Los Angeles' por 'Os Ánxeles'
Liña 12:
 
==Biografía==
Cuomo, o cal comezou a súa viaxe musical baixo o pseudónimo de "Peter Kitts", formou unha banda de metal progresivo chamada Avant Garde, e fixo varios concertos en [[Connecticut]]. El mudouse coa banda a [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]] en marzo de [[1989]], e Avant Garde cambiou o seu nome a Zoom, que foi disolta a finais da primevera de [[1990]].
 
===Weezer===
Despois dunha serie de proxectos musicais ennos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]], Cuomo formou [[Weezer]] o [[14 de febreiro]] de [[1992]] con [[Patrick Wilson]], [[Matt Sharp]] e [[Jason Cropper]]. Jason deixou a banda durante a gravación do seu primeiro disco e [[Brian Bell]] ocupou o seu lugar. Weezer asinou un contrato coa DGC, pertencente á Geffen Records, o [[25 de xuño]] de [[1993]]. Comezaron a gravación de ''Weezer'' (tamén coñecido coma ''The Blue Album'') en agosto de [[1993]] nos estudos Electric Lady en [[Nova York]] co produtor Ric Ocasek. Logo dalgúns álbums máis editados, o éxito comercial rotundo da banda chegaría en [[2000]], coa canción Island In The Sun, incluída no Green Album. Tras este disco, saíu ó mercado ''Maladroit'' ([[2001]]).
 
Despois dun parón de catro anos, durante os cales Cuomo voltou á universidade, [[Weezer]] editou en [[2005]] o que é polo de agora o seu último traballo, ''Make Believe''.