Diferenzas entre revisións de «Partido Comunista dos Traballadores Portugueses»

m
sen resumo de edición
m (Cambiando Image -> Imaxe)
m
O '''Partido Comunista dos Traballadores Portugueses / Movemento Re-organizativo do Partido do Proletariado''', ('''PCTP/MRPP'''), é un [[partido político]] de [[Portugal]], de inspiración [[maoísmo|maoísta]]. Fundado en 26 de Decembro de 1976 a partir do MRPP, que por súa vez foi fundado en [[18 de Setembro]] de [[1970]], tivo como Secretario Xeral [[Arnaldo Matos]]. O seu órgano central é o "[[Luta Popular]]", cuxa primeira edición foi lanzada en 1971 (aínda no tempo do MRPP). O MRPP foi un partido moito activo antes do [[25 de Abril]] de 1974, especialmente entre estudantes e xoves operarios de [[Lisboa]]. O MRPP - tal como o PCTP - gañou fama con as súas grandes e vistosas pinturas murais. Continuou unha grande actividade durante os anos de [[1974]] e [[1975]]. Nesa altura tiña nas súas fileiras membros que máis tarde viñeron a ter grande relevo na política portuguesa, como [[José Manuel Durão Barroso]] e [[Fernando Rosas]], entre-tanto expulsos.
 
Logo a seguir óao 25 de Abril, o MRPP foi acusado polo [[Partido Comunista Portugués]], que sempre foi o seu maior inimigo, de ser subsidiado pela [[CIA]]. Unha crenza baseada, en parte, na cooperación entre o MRPP e o Partido Socialista, durante o chamado '''Verán quente'''.
 
A partir de [[26 de Decembro]] de [[1976]], o MRPP, após Congreso, pasou a designarse PCTP/MRPP. O seu líder histórico é [[Arnaldo Matos]]. O primeiro director do "[[Luta Popular]]", na fase legal, foi [[Saldanha Sanches]]. O actual líder é [[Luís Franco]].
222

edicións