Anos das Árbores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tr:Ağaçlar Çağı
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Após a Guerra dos Poderes, o Vala [[Oromë]] convocou aos Elfos a Aman, e moitos deles accederon a acompañar a Oromë na Grande Viaxe cara ao Oeste. Polo camiño quedaron varios grupos dos Elfos, entre os que salientan os [[Nandor]] e os [[Sindar]]. Os tres clans que chegaron até Aman foron os [[Vanyar]], os [[Noldor]] e os [[Teleri]], que estabeleceron o seu lar en [[Eldamar]].
 
Cando Melkor foi liberado, logo de pasar tres idades de servidume e dar mostras de arrepentimento, sementou unha profunda discordia entre os Elfos, e incitou a rivalidade entre os dous dos fillos dedo Rei Noldorin [[Finwë]]: [[Fëanor]] e [[Fingolfin]]. Coa axuda de [[Ungoliant]], asasinou a Finwë e roubou da súa cámara de ferro os [[Silmaril]]s, tres xoias creadas por Fëanor que contiñan a luz das Dúas Árbores dos Valar, que tamén destruíu.
 
Resentido pola inactividade dos Valar, Fëanor e a súa estirpe marcharon en persecución de Melkor, ao que maldiciron co nome de "Morgoth". A eles seguiu unha hoste aínda maior liderada por Fingolfin. Os Noldor chegaron a [[Alqualondë]], a cidade portuaria dos Teleri, que lles prohibiron coller os seus barcos para navegar até a Terra Media. O resultado foi a Matanza de Aqualondë, o primeiro masacre fratricida entre Elfos, que desembocou na maldición imposta sobre os Noldor para sempre.