Liga Gallega (A Coruña): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''Liga Gallega''' foi un grupo político [[rexionalismo galego|rexionalista]] [[liberalismo|liberal]] fundado en [[1897]] na [[A Coruña|Coruña]] por iniciativa dos participantes na tertulia rexionalista [[A Cova Céltica]], e como esta tiña a súa sede na librería de [[Carré Aldao]]; presidido por [[Manuel Murguía]] e dirixido por un comité integrado por [[Manuel Lugrís Freire]], [[Uxío Carré Aldao]] e [[Salvador Golpe]] que en [[1898]] redactaron o seu regulamento, integramente en galego. [[Waldo Álvarez Insua]] foi o presidente en [[1899]]. Despois de 1900 tivo escasa actividade, aínda que sobreviviu ata [[1907]]. O seu órgano de expresión foi ata mediados de 1898 ''Revista Gallega'' que dirixía [[Galo Salinas]]
 
A Liga Gallega naceu en defensa dos intereses materiais, morais, políticos, económicos e sociais de Galicia. Pedía a constitución dunha autonomía para Galicia de igual xeito que se concedera a [[Cuba]] e [[Porto Rico]] e a fins de 1897 iniciou unha campaña de recollía de sinaturas.