Diferenzas entre revisións de «Baza»

sen resumo de edición
(Nova páxina: '''Baza''' é unha cidade e un concello da província de Granada, España, na comunidade autónoma da Andalucía, cunha área 544,48 km² e cunha poboación total de 21.600...)
 
== Étimo do nome ==
A cidade foi identificada con a antiga [[Basti]], capital do pobo prerromano dos [[bastetanos]], da que se coida que o nome actual é unha continuación, con troca do grupo consonántico -st- > -z-, como se observa noutros casos.
 
== Patrimonio monumental ==
A gran antiguidade de Baza propiciou a formación dun extenso legado monumental do que cómpre destacar:
 
* '''Alcazaba''', no casco histórico, sobre a antiga medina. Fica só unha parte do gran recinto que foi, con fases que remontan aos séculos XI-XII, outras do XV e as derradeiras do XVI.
 
* ''Baños da Xudaría'' ou baños árabes, a pesar do seu nome posibelmente tardíos. Constitúen un dos exemplos máis antigos de baños urbanos na Península Ibérica. Áchanse situados nun soto dunha vivenda, perto da Porta de Salomón. "Redescubertos" en 1975, foron restaurados edeclarados Monumento Nacional. cido hasta su 'redescubrimiento' en 1975, cuando fue declarado Monumento Nacional y restaurado.
 
* Conxunto monumental da '''Praza Maior''', con varias edificacións: a '''Concatedral''', do século XVI; o antigo '''Cárcere''', do século XVIII; o antigo '''Seminario Maior''', con elementos mudéxares; o [[Museo Municipal]] (antiga Casa do Concello) do [[século XVI]], e aínda o Casino Bastetano do século XIX.
 
* Edificio da '''Alfóndega''' (Alhóndiga), do século XVI, na rúa do seu nome, con patio porticado, que será anexado con o cercano Museo Municipal, para ampliar este.
 
* '''Praza do Arco da Magdalena''', ubicada a pouca distancia da Praza Maior, con acceso á Concatedral, está xusto onde se abría unha das entradas da muralla que arrodeaba a cidade medieval. Sitúanse nela algúns edificios singulares: '''Casa da Cultura''' (antigo Casino de Artesanos), de estilo neoclásico con elementos mudéxares; o edificio da antiga '''Audiencia''', no que se pensa ubicar a xerencia de urbanismo municipal; '''Edificio Cervantes'''.
 
* Pazo dos Enríquez, exemplo de pazo [[Renacemento|renacentista]], concebido como unha vila de campo ao xeito italiano, o que o converte en único en Andalucía. Foi mandado construír por D. Enrique Enríquez e súa esposa Dª María de Luna, tíos dos Reis Católicos. Desde a súa construcción inicial en [[1506]], sufríu varias modificacións até chegar ao seu actual.
 
* Os ''Caños Dorados'': xunto á Porta do Peso, construidos no século XVII como tanque abrevadeiro para os viaxeiros que se achegaban a Baza.
 
* '''Balconadas de Palo''', son dúas casas mudéxares do século XVI nos límites do arrabalde de Algedid. Posúen uns balcóns de madeira sobre [[canzorro]]s con [[Pé-dereito|pés-dereitos]] e [[xelosía]]s.
 
* '''Casa das Antigas Carnicerías''', outro exemplo de arquitectura mudejar, con balconada de estrutura semellante á das casas antecitadas.
 
* '''Pazo do Infantado''', con fachada de sillares e poucos ocos, destacando a súa decoración plateresca e heráldica.
 
* '''Cine Ideal''', con fachada de máis dun século de antigüidade.
 
* '''Teatro Dengra''', un dos máis emblemáticos da provincia de Granada. En restauración.
 
* '''Real Pósito''', data de [[1762]], durante o reinado de Carlos III. Con fermoso patio con galerías.
 
* '''Praza de Touros''', de [[1903]], edificación singula, pois parte do recinto fíxose excavando un teso, para converter en coso e graderío a parte beleirada.
 
* '''Praceta dos mouriscos''' ou de "as tetas", no barrio de San Juan, con a Casa das Tetas, casa de estilo mudéxar, da que ven o nome popular do sitio.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
[[Categoría:Concellos da provincia de Granada|Baza]]
Usuario anónimo