Joseph Déjacque: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: da:Joseph Déjacque
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
En [[Nova Orleans]] entre 1856 e 1858 escribiu a súa famosa utopía anarquista ''"L'Humanisphère, Utopie anarchique"'', aínda que non deu atopado un editor. Ó volver a Nova York publica os seus libros no periódico ''"Le Libertaire, Journal du Mouvement social"'', do que saíron 27 números entre o 9 de xuño de 1858 e o 4 de febreiro de 1861. Este periódico foi o primeiro de carácter [[comunismo libertario|comunista libertario]] (identificable desta forma pola liña da ''comunidade de bens'', se ben esta teoría económica aínda non existía formalmente dentro do anarquismo) publicado nos Estados Unidos. Ademais de criticar artigos sobre a revolución e os acontecementos políticos de Estados Unidos e Francia, tamén criticou o aforcamento do [[abolicionista]] [[John Brown]] logo da redada acontecida en [[Harpes Ferry]] en [[Virxinia]], e fixo propaganda pola causa abolicionista.
 
Déjacque foi o primeiro en usar o termo [[libertario]], nunha carta en 1857 criticando a [[Pierre-Joseph Proudhon]], logo de que este criticara ó [[feminismo]] polo seu apoio á apropiación individual do traballo e á economía de mercado, decindo: "Non é o productoproduto do seu traballo ó que as ou os traballadores teñen dereito, senón á satisfación das súas necesidades, calquera que sexa a natureza destas".[http://www.blackrosebooks.net/anarism1.htm]
 
A súa estadía en Nova York terminou cando as súas posibilidades de traballo se acabaron debido ó descalabro económico producido polo estalido da [[Guerra Civil Estadounidense|guerra civil]]. Volve a Londres e logo a París, onde morre uns anos despois en extrema pobreza.