Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:A Taberna (xeral)»

→‎Maratón wikipédica: Resposta a Prevert
(→‎Maratón wikipédica: Resposta a Prevert)
 
* Contade co que poida aportar en toda iniciativa que pretenda dar a coñecer a Galipedia. Creo que estaría ben contar con máis datos sobre a xente que vai participar. Si polo que adiantas a xente estaría interesada na lingua, a min xa se me ocurre un módulo de artigos a correxir erros ortográficos e melloras de redación. Perfilar unha serie de módulos coas distintas actividades posibles e exemplos de artigos (por temática, a mapliar, a correxir, a traducir...) nos que traballar podería ser unha base de traballo. Parabéns a Xosé, a Agremón dando charlas sobre a Galipedia, a Xabier Cid ou Lmbuga dando entrevistas para a prensa pola labor que están a facer difundindo a existencia da Galipedia. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 20:24, 10 marzo 2008 (UTC)
 
* Prevert, se cres que estou utilizando o meu status dentro do wiki no exterior do proxecto e que o ligo ás miñas actividades privadas e que iso está mal, non teño nengún problema en dicirlles que non. Eu respostei a esta chamada [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_Usuario:Xos%C3%A9&diff=722032&oldid=716464]. Non é a primeira vez que se require a axuda dalguén (esta outra, por exemplo, á que talvez alguén contestou, non o sei: [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:A_Taberna_%28novas%29&diff=705081&oldid=689346]). Tampouco é a primeira vez que se leva a cabo unha iniciativa deste tipo, e con moito éxito por certo, como por exemplo na wikipedia en catalán ([http://ca.wikipedia.org/wiki/VP:EST] -esta é a páxina na que organizan o maratón). Por iso non me parece estraño que se convoque aquí tamén - e que dicir precisamente da páxina que Agremon menciona máis arriba? A consellaría ten un proxecto relacionado co galego e a informática que inclúe a Wikipedia e como non teñen os medios necesarios contratan unha empresa privada, o cal non é sorprendente pois é un procedemento habitual na administración pública. Sobre o de transmitir cal é o espírito da Wikipedia, é precisamente para o que me pediron que interviñese (non da parte técnica, que se encargan eles). Para sentir os efectos no wiki desta ou calquera outra iniciativa sen ningún tipo de aviso non fai falta nada: calquera se pode lanzar; pero quéreno facer precisamente sen que nos afecte. Non estou seguro, pero creo que esta é a [http://www.maisinternetmaisgalego.org/ páxina na que se incluirá o proxecto]. O dos procedementos de decisión, pois xa ves, comuniqueino aquí, non sei como se habería de facer doutra maneira. Se podes ser máis explícito no que fai aos procedementos adecuados ou correctos igual entendo mellor as túas prevencións. --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (&#9993;) ]]</sup> 23:35, 10 marzo 2008 (UTC)
17.175

edicións