Ar (atmosférico): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: bat-smg, mk Eliminado: en, eu, he, ko Modificado: la
XoseBot (conversa | contribucións)
m Elimino (elemento) das ligazóns aos elementos
Liña 1:
'''Aire''' ou '''ar''' é o nome que recibe a combinación de [[gas]] é que forma a [[atmosfera]] da [[Terra (planeta)|Terra]].
 
O aire é esencial para a vida no planeta e é particularmente delicado. Está composto en proporciones lixeiramente variables por substancias tales como o [[nitróxeno (elemento)|nitróxeno]] (78%), [[osíxeno (elemento)|osíxeno]] (21%), vapor de [[auga]] (variable entre 0-7%), [[ozono]], [[dióxido de carbono]], [[hidróxeno]] e algúns [[gas nobre|gases nobres]] como o [[cripton (elemento)|cripton]] ou o [[argon (elemento)|argon]].
 
A [[atmosfera]] divídese en capas de acordo á [[altitude]], [[temperatura]] e composición do aire. A [[presión]] do aire diminúe coa altitude.
Liña 7:
O aire é unha mestura de gases e vapor de Aire, suxeitos pola forza de gravidade ó redor da Terra, formando unha capa chamada atmosfera. Ela sostén e protexe a vida neste planeta.
 
A [[atmosfera]] terrestre divídese en catro capas: a [[troposfera]], a [[estratosfera]], a [[mesosfera]] e a [[termosfera]]. As capas máis importantes para a nosa análise da contaminación atmosférica son as dúas capas máis próximas á [[Terra (planeta)|Terra]]: a troposfera e a estratosfera. O aire da troposfera é o que respiramos e está composto por un 78,08% de nitróxeno (N2),un 20,95% de osíxeno (O2), un 0,035% de dióxido de carbono (CO2) e un 0,94% de gases inertes como o [[argon (elemento)|argon]] e o [[neon (elemento)|neon]]. Nesta capa áchanse as nubes e case todo o vapor de aire. Nela prodúcense tódolos fenómenos atmosféricos que orixinan o noso [[clima]].
 
Por encima da troposfera, aproximadamente a 25 quilómetros de altura, na estratosfera, encontramos a importante capa de [[ozono]] que protexe á Terra dos raios ultravioletas (UV) (cando o ozono se encontra no aire que respiramos, é dicir, baixo os 25 quilómetros de altura habituais, é un contaminante que ten un efecto daniño para a saúde; cando está na estratosfera, forma a capa que protexe dos raios ultravioletas do sol a tódalas formas de vida na Terra).