Admeto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sr:Адмет
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Admeto''' era un personaxe [[Mitoloxía grega|mitolóxico grego]], fillo de [[Feres]] e rei de [[Feres, Tesalia]]).
 
Participou na expedición dos [[argonautaargonautas]]s. Tiña fama de hospitalario e xusto. De feito, cando [[Apolo]] foi sentenciado a pasar un ano como servo dun mortal como castigo por ter matado os [[cíclope]]s, escolleu a Admeto e serviuno como gardián dos seus rabaños. Tan admirado quedou do seu tratamento que fixo que todas as vacas parisen xemelgos.
 
Namorado de [[Alcestes]], grazas a Apolo, superou a proba que seu pai impuxera aos seus pretendentes: montar nun carro levado baixo o mesmo xugo por un [[xabaril|xabarín]] e un [[león]]. No día da voda Admeto esqueceu dar un sacrifio en honra de [[Ártemis]]. Esta, anoxada, encheu o cuarto nupcial de serpes. Para evitar a morte de Admeto, Alcestes ofreceuse a morrer no canto de seu home. [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]], antigo compañeiro de Admeto na expedición dos argonautas, baixou aos [[Hades|infernos]] e devolveulla a Admeto.
{{Mitoloxía en progreso}}
 
[[Categoría:Mitoloxía grega]]