Andrómeda (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
[[Imaxe:Paul Gustave Dore Andromeda.jpg|thumb|300px|Andrómeda por [[Gustave Doré]] (1832-1883).]]
Na [[mitoloxía grega]], '''Andrómeda''' era(en a[[grego antigo]] Ἀνδρομέδα, 'gobernante dos homes') era filla de [[Cefeo]] e de [[Casiopea]], reis de [[Etiopía]].
 
Casiopea, habendo presumido ser tan bela como as [[Nereidas]], provocou a furia de [[Poseidón]], quen enviou unha inundación sobre a terra e un monstro mariño, [[Ceto]], para que acabase con homes e gando. Sabendo polo [[oráculo]] de [[Amón]] que non poderían atopar unha solución ata casar á súa filla Andrómeda co monstro, o rei Cefeo deixouna encadeada a unha rocha, espida e con xoias.
 
[[Perseo]], cabalgando polo aire co seu cabalo alado [[Pegaso]] de volta tras matar á [[Gorgona]], viu a Andrómeda e namorouse dela. Baixou á praia a falar con Cefeo e Casiopea para pedir a súa man se a libraba do monstro mariño. Os pais aceptaron de mala gana. Perseo con Pegaso loitou co monstro mariño, matouno e usou a cabeza da [[Medusa (mitoloxía)|Medusa]] (que convertía en pedra a quen a miraba e que conseguira cortar Perseo anteriormente) para petrificar ao animal e convertelo en coral. Despois desatou a Andrómeda e, cando se querian casar, Casiopea negouse porque xa lle prometera a man de Andrómeda ao príncipe [[Agenor]]. Perseo loitou contra Agenor e o seu séquito e logo de matar a moitos viuse obrigado a usar a cabeza da Medusa e petrificó aos que quedaban. Andrómeda casou felizmente con Perseo.
 
Andrómeda marchou tras o seu marido a [[Tirinto]] en [[Argos (Grecia)|Argos]], e converteuse na nai de seis fillos (os [[Perseides]]): [[Perses]], [[Alceo (mitoloxía)|Alceo]], [[Méstor]], [[Heleo]], [[Electrión]] e [[Esténelo]], e unha filla, [[Gorgófene]]. Os seus descendentes gobernaron [[Micenas]] desde Electrión ata [[Euristeo]], tras quen [[Atreo]] obtivo a coroa, e inclúe ao gran heroe [[Heracles]]. Segundo esta mitoloxía, Perses é o devanceiro dos [[Persia|persas]].
 
Tras a súa morte, Andrómeda foi situada por [[Atenea]] entre as [[constelación|constelacións]] do ceo do norte, preto de Perseo e Casiopea. [[Sófocles]] e [[Eurípides]] (e en época máis recente [[Pierre Corneille]]) escribiron varias traxedias a partir da historia, e os seus incidentes foron representados en numerosas obras de arte antigas.
 
Andrómeda é representada no ceo do hemisferio norte pola [[constelación]] [[Andrómeda (constelación)|Andrómeda]], que contén a [[galaxia de Andrómeda]].
 
Este mito foi representado nunha versión modificada da película de [[1981]] ''[[Furia de Titáns]]''.
 
== Fontes ==
 
* [[Apolodoro de Atenas|Apolodoro]], ''[[Biblioteca mitolóxica]]'' ii.iv.3-5
* [[Ovidio]], ''[[As metamorfoses]]'' iv.668-764
 
== Enlaces externos ==
{{commonscat|Andromeda|Andrómeda}}
 
* {{ref-GML|Andromeda.html|Andromeda}}
 
{{DEFAULTSORT:Andromeda}}
 
[[Categoría:Mitoloxía grega]]