Wikipedia:A Taberna (xeral): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Nova sección: →Maratón wikipédica |
|||
Liña 681:
Só unha nota. Agora remato de deixar unha sucinta nota de agradecemento http://en.wikipedia.org/wiki/User_talk:ILVI#gl.wikipedia.org na páxina de ILVI.--[[User:Agremon|Agremon]]<sup>[[User talk:Agremon|(contacto)]]</sup> 21:53, 8 marzo 2008 (UTC)
== Maratón wikipédica ==
A Consellaría de Innovación e Industria vai organizar unha serie de accións de cara á semana do 17 de Maio, día das Letras e de Internet. Estas accións consisten na celebración dunha especie de party ou maratón wikipédica, consistente por tanto en fomentar o uso e a introdución de artigos na Galipedia. Para a organización, coordinación e desenvolvimento contactaron coa Cooperativa de traballo asociado Cidadania [http://cidadania.coop/]. Cidadania contactou comigo como administrador da Galipedia para levar a cabo esta actividade en colaboración cos usuarios habituais. Piden duas cousas: unhas sesións informativas presenciais, que impartiría eu, en cousas como a natureza da Galipedia, obxectivos e filosofía, normas e principios, historia, retos e necesidades, etc... e a colaboración dos usuarios habituais durante o tempo que dure a actividade para orientar aos novos usuarios e solventar os problemas que teñan e/ou provoquen. Estes usuarios serían en moitos casos persoas non formadas no mundo informático pero interesadas na lingua.
Se non se atopan impedimentos para esta actividade (os pormenores coñecereinos este mércores nunha reunión en Compostela), querería propostas sobre as necesidades que temos actualmente e nas que poden contribuír usuarios novos e sen confianza informática. Suxeríronme que mirásemos temas para artigos, por exemplo. --[[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé| (✉) ]]</sup> 23:55, 8 marzo 2008 (UTC)
|