Focio I, patriarca de Constantinopla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Furado (conversa | contribucións)
m Ligazón interna
Liña 5:
De familia nobre e moi relixiosa, emparentada cos Bardas, recibiu unha esmerada educación e chegou a ser un dos homes máis cultos do seu tempo en todas as ramas do saber que practicou: [[Gramática]], [[Dialéctica]], [[Oratoria]], [[Escrituras]], [[Teoloxía]], [[Dereito]]. Dedicouse nun principio á docencia e logo pasou á Corte; durante o reinado do emperador [[Miguel III]], foi presidente da Chancelaría imperial e realizou delicadas misións diplomáticas, por exemplo a embaixada ante o [[califa]] de Bagdad.
 
Trala deposición de [[Ignacio, Patriarca de Constantinopla|Ignacio]], o emperador [[Miguel III]] designou a Focio como patriarca de Constantinopla no ano [[858]]. O nomeamento non recibiu a confirmación do papa [[Nicolao I, Papa|Nicolao I]], pois Focio non era eclesiástico e en poucos días, do 22 ao 25 de decembro do ano 858, recibiu desde a [[tonsura]] ata a consagración episcopal; é máis, o bispo consagrante foi [[Gregorio Asbesta]], que naquel momento estaba suspendido e excomungado tanto polo patriarca Ignacio como polo papa [[Bieito III, Papa|Bieito III]]; a lexitimidade do novo patriarca era pois, como mínimo, discutíbel. O papa condenou a Focio en 863.
 
Para resolver a disputa entre os partidarios do deposto Ignacio, os do papa e os partidarios de Focio encabezados polo emperador mesmo convocouse un [[concilio]] no que Focio estableceu as bases da futura separación entre as Igrexas de Constantinopla e Roma. A Igrexa romana foi acusada por el de alterar o credo e de considerar ao [[patriarca de Constantinopla]] a inferior nivel que o pontífice romano. Aínda se embrollou máis o asunto e no ano 867 Focio era deposto polo emperador [[Basilio I]], sendo substituído por Ignacio, mentres que o [[VIII Concilio Ecuménico]] (869-870) o condenaba. A morte de Ignacio no ano [[878]] motivou a reelección de Focio como patriarca, o que provocou que o papa [[Xoán VIII, Papa|Xoán VIII]] decidise excomungalo. Como Patriarca de Constantinopla tivo preocupacións apostólicas e pastorais, enviando misioneiros a Bulgaria. Tras subir ao trono [[León VI o Sabio|León VI]], Focio foi deposto e tivo que se exiliar a [[Armenia]], onde morreu.