Diferenzas entre revisións de «Edmund Husserl»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Desde o punto de vista constructivo a fenomenoloxía designa, por unha banda, un determinado obxecto de estudio (as [[esencia | esencias]] dos fenómenos) e, por outra, un [[método]] necesario para acadar esas esencias.
 
A parte metodolóxica é a aportación máis significativa e novidosa da fenomenoloxía. Consiste nunha técnica inspirada na ''dúbida'' cartesiana que pon en suspenso (''epokhé / Einklammerung'') toda crenza ou xuízo que non se presente á razón humana con absoluta evidencia. Coñécese co nome de ''método fenomenolóxico da redución''. Con este método debería poderse, primeiro, fundar as diferentes ciencias empíricas e, segundo, dar cun principio primeiro unificador e garante de toda actividade humana científica e ética. O primeiro aspecto correspóndese coa fenomenoloxía entendida como '''''ciencia das esencias'''''. As ''ciencias empíricas'' refírense a fenómenos da experiencia sensible, pero como en todo feito sensible hai unha esencia (''eidos''), só coñecendo esta pode fundarse solidamente o coñecemento empírico. O segundo aspecto, en cambio, orienta a fenomenoloxía cara unha '''''ciencia da conciencia'''''. Posto que toda esencia resulta coñecida por unha conciencia humana(é obxecto para unha conciencia que a pensa) hai que describir a estrutura desta para determinar como se configura aí unha relación fundamental e unitaria, principio de todas as esencias. Esta conciencia á que apunta o método fenomenolóxico é unha '''''conciencia pura''''', isto é, unha estrutura trascendental naindependente que necesariamente ten que encaixarde toda actividade consciente humana concreta. Husserl denomínaa '''''subxectividade transcendental''''' . Segundo Husserl a propiedade esencial desta conciencia é a ''[[intencionalidade]]''. Esto quere dicir que a conciencia é sempre "conciencia de algo", esto é, posúe unitariamente un caracter bipolar. Por exemplo, en toda percepción hai, ademáis do acto de percibir, o percibido. Ós actos da conciencia en xeral (referidos ó suxeito) chámalles ''[[noesis]]'', e ós contidos deses actos (referidos ó obxecto) ''[[noema]]''. A través dunha serie de complexos e especializados análises da conciencia Husserl desemboca no concepto de '''''intersubxectividade''''': o recoñecemento da existencia de diversas conciencias todas elas co mesmo rango [[ontoloxía | ontolóxico]].
 
Obviando esta noción de ''intersubxectividade'' a filosofía husserliana da conciencia foi catalogada por moitos como unha recaída outra vez no [[idealismo]]. Tal vez para eludir esta interpretación, segundo Husserl errónea, no escrito ''A crise da ciencias europeas'' introduce unha nova caracterización da fenomenoloxía como '''''ciencia do mundo da vida'''''. De acordo con esta nova orientación a toda conciencia, campo propio da fenomenoloxía, acompáñalle sempre como un presuposto certo a conciencia do mundo, configurándese nesa unidade a totalidade da vida intencional da conciencia.
195

edicións