Filosofía posmoderna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
Unha das fontes desta discusión encóntrase en que non é capaz de definirse en termos precisos, pois son o resultado de diferentes ideas, pensamentos e percepcións nos distintos campos da cultura occidental. Así no campo científico, a [[teoría da relatividade]] e posteriormente a [[física cuántica]], revolucionaron a [[física gravitacional]] newtoniana e a forma de interpretar o universo. Do mesmo modo, fixérono no campo filosófico. Na [[ciencia]] foi moi importante a enunciación do [[Principio de Incerteza de Heisenberg]], nome que define unha das maiores características do pensamento posmoderno así como as consecuencias do [[teorema de Bell]].
 
O mesmo ocorreu na área da [[psicoloxía]] e da [[psiquiatría]] co devir da [[psicanálise]] e as súas diferentes escolas ata chegar a Laing e Lacan. En canto á filosofía e á [[literatura]], a achega posmoderna é moi parecida ao que no seu momento produciu o [[romanticismo]]. [[Franz Kafka]] e [[Milan Kundera]] son dous autores exemplos. O fenómeno [[J. K. Rowling|Rowling]] coa saga de ''[[Harry Potter]]'' pode ser o seu corolario.
 
O filósofo italiano [[Gianni Vattimo]] define o pensamento posmoderno con claridade: nel o importante non son os feitos senón as súas interpretacións. Así como o tempo depende da posición relativa do observador, a certeza dun feito non é máis ca iso, unha verdade relativamente interpretada e polo mesmo, incerta. O modelo determinista da causalidade, da verdade absoluta e da teoría do tempo lineal ou a vivencia da xeometría euclidiana, foron ata hai pouco paradigmas agora superados polo coñecemento dun espazo de catro dimensións, no cal a variable tempo entón non fora tomada moi en serio.