Lazo solidario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: 120px|right|O [[lazo vermello úsase en todo o mundo como emblema da loita contra a sida]] Os '''lazos de solidariedade''' son pequenas fitas de tela, dob...
 
Tradución da semana en Meta
Liña 1:
[[Imaxe:Red Ribbon.svg|120px|right|O [[lazo vermello]] úsase en todo o mundo como emblema da loita contra a [[sida]]]]
 
Os '''lazos de solidariedadesolidarios''' son pequenas fitas de tela, dobradas en forma de lazada, que se usan en distintas partes do mundo para indicar o apoio a unha causa social ou de solidariedade. As persoas que levan ese lazo na lapela expresan a súa solidariedade en relación a un problema determinado, que vén indicado por distintas cores. Aínda que en principio cada causa estaba en relación cunha cor, a proliferación de lazos solidarios ao longo e largo do mundo levou a que algunhas causas, como a loita contra o [[alzheimer]], empreguen lazos morados e lazos brancos, ou que unha mesma cor poida significar causa diversas: o lazo vermello pode representar loita contra a [[sida]] pero tamén loita contra a [[droga]].
 
Os lazos comezaron sendo de pequeno tamaño e axeitados para prender na lapela da [[chaqueta]] ou no peito da [[camisa]] ou da [[camiseta]]. Porén, a expansión desta corrente levou a que se deseñasen variantes para prender nas antenas dos coches, ou que se producisen lazos de gran tamaño para pendurar de edificios públicos, [[árbore]]s ou balcóns.