Kepa Junkera: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Cambiando Image -> Imaxe |
m adicar->dedicar |
||
Liña 27:
O seu traballo '''Bilbao 00.00 h''' (1998) convertiuse nun fito polas vendas logradas desde un selo independiente como ''Resistencia''. Ademais, obrigouno a coller a maleta semana si e semana non. É un disco dobre no que profesa o seu amor á cidade natal. "Bilbao..." é o disco da expansión internacional de Kepa nunha dobre vertente: a comercial e a artística. O álbume, que incluía o popeiro "Del Hierro a Madagascar", cantado por [[Pedro Guerra]], supón, ademais do seu salto definitivo á "world music", unha aperta solidaria e enriquecedora ós sons de medio mundo, de Canarias ó Mediterráneo, Québec, Centroeuropa, África, Portugal, Galicia, Irlanda...
Junkera puxo Bilbo no mapa nunha labor de promoción só comparable á realizada polo [[Museo Guggenheim]]. A súa proxección continuou co traballo posterior, '''Maren''' (2001),
A música de Kepa foi usada pola Compañía Nacional de Danza para unha coreografía realizada polo seu director, [[Nacho Duato]]; o Museo do Viño de [[Olite]] nas súas visitas guiadas; múltiples cuñas de Radio Euskadi, ou en discos seleccionados por [[Pedro Almodóvar]]. Conta tamén cunha discografía compartida na que destacan os seus dúos co seu bo amigo [[Ibon Koteron]], co que gravou dous discos de recuperación do son ancestral da alboka (instrumento vasco de vento), o imprescindible '''Leonen Orroak''' (1996) e o máis recente '''Airea''' (2004), onde aportou a súa labor como compositor, intérprete e productor, tarefa esta última na que cobrou recoñecemento en traballos de Oskorri e no lanzamento do dúo de txalapartaris que o acompañan en directo nos últimos anos, [[Oreka TX]], co seu disco '''Quercus Endorphina'''.
|