The Homens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
| período = [[2004]] - ?
| xénero = [[Powerpop]], [[Post-core]]
| selo = Autoedición, [[Falcatruada]], [[Lixo Urbano]], [[Crack Records]]
| membros = Martin Wu, Roi, Xocas
| antigos_membros =
Liña 14:
}}'''The Homens''', grupo galego de [[powerpop]]. Tivo os seus inicios sobre o ano [[2004]] na Casa Xurásica de [[Compostela]], no mesmo ambiente doutras bandas como [[Samesugas]] ou [[Fame Neghra]]. Os seus compoñentes tiñan experiencia en grupos como os propios [[Fame Neghra]], [[Street Fighter]] ou [[Stay Pretty]], en liñas próximas ao [[garage]] ou ao [[hardcore]]. Porén, a formación da banda supón a adopción dun estilo moito máis próximo ao [[powerpop]], con puntuais influencias de [[post-core]] e [[britpop]]. A súa aposta musical toca dous vértices: a posibilidade de facer música [[pop]] sen complexos en lingua galega, e o compromiso coa libre difusión da cultura. Neste último sentido, a inmensa maioría dos seus traballos pode ser descargado de balde da súa propia páxina web, baixo licenzas [[Creative Commons]].
 
O seu primeiro traballo, o [[EP]] ''The Homens'' sae á luz no verán de [[2005]], en formato [[mp3]]. En menos dun ano, seguirá outro [[EP]], ''The Homens #2''. A edición deste segundo disco será en formato físico, nun [[CD]] de sete pistas. Edítanse seis novos temas e inclúese "Desaparece", do anterior traballo. Deses seis novos temas, cinco serán disponibilizados para a libre descarga na web do grupo. O ano [[2006]], co lanzamento do novo traballo, supón un aumento da popularidade e da actividade do grupo, que chega a dar uns 30 concertos pola [[Galiza]], visitando tamén varios festivais en [[Portugal]]. A súa canción "Sandra Dee" quedará entrasentre as dez primeiras do concurso [[A polo ghit]] e o [[EP]] será escollido polos lectores da [[Sono-tone]] como un dos cinco mellores traballos do ano.
 
A principios de [[2007]] o grupo participa do disco homenaxe a [[Andrés do Barro]] ''[[Manifesto Dobarrista]]'', coa canción "Con máis amor".
 
No ano [[2007]], sacan á luz o seu primeiro traballo longo ''[[Tres]]'', sen dúbida o disco máis ambicioso da banda, gravado nos estudos Ultramarinos Costa Brava, e coa asistencia na produción de Santi García. O disco será editado por [[Falcatruada]] baixo dúas formas: unha edición en [[CD]] e outra limitada que inclúe un vinilo, e o [[CD]] no que figura unha pista de datos coas cancións en [[mp3]] . Ademais diso, disponibilízanse nove dos seus once temas para a libre descarga dende a propia web do grupo. O disco será escollido como o segundo mellor traballo de [[2007]] polos lectores da [[Sono-tone]]. O grupo continuou o seu traballo con multitude de concertos por todo país, así como en [[Portugal]] e [[Cataluña]].
 
A comezos do [[2008]], e xunto con [[Samesugas]], unha banda coa que comparten comezos e boas relacións, sacan en vinilo o [[EP]] conxunto ''The Homens Vs. Samesugas'', no que ambos grupos intercambian versións e inclúen temas novos.
 
==Discografía==
Liña 25 ⟶ 27:
*''The Homens #2'' (Autoeditado, [[2006]]).
*''Tres'' ([[Falcatruada]], [[2007]]).
*''The Homens Vs. Samesugas'' ([[Lixo Urbano]], [[Crack Records]], [[2008]]).
 
 
==Presenza en discos colectivos==