Bosque Escuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O ''Bosque Escuro'' era unha vasta fraga situada en [[Rhovanion]], ao leste do río [[Anduin]] e ao sur das [[Montañas Grises]]. O nome semella ser unha tradución directa dun nome descoñecido en [[Oestron]], a ''[[lingua franca]]'' da Terra Media na [[Terceira Idade (Tolkien)|Terceira Idade]]. No seu interior atopábase o [[Reino do Bosque]] dos [[Elfos Silvanos]], gobernado polo seu rei, [[Thranduil]], que estabeleceu alí a súa corte ao redor do ano 1000 da [[Segunda Idade]], cando o Bosque Escuro era aínda coñecido como o '''Gran Bosque Verde''' (''Eryn Galen'').<ref>Robert Foster, ''A Guide to Middle Earth'', NY:Ballantine Books (Random House), 1971, p. 251</ref> Sobre o ano 1050 da Terceira Idade, cando a "sombra de [[Dol Guldur]]" caeu sobre el, os [[Home (Terra Media)|homes]] comezaron a chamalo ''Taur-nu-Fuin'' ([[Sindarin]]: ''a Fraga baixo a Noite'') e ''Taur-e-Ndaedelos'' (''fraga de grande medo'').<ref>Robert Foster, ''A Guide to Middle Earth'', NY:Ballantine Books (Random House), 1971, p. 174</ref> A sombra era o poder de [[Sauron]], que, oculto tras unha identidade falsa, estabeleceuse na fortaleza do outeiro de Dol Guldur en ''Amon Lanc''. A presenza dos servos de Sauron empurrou a Thranduil e aos seus máis cara ao norte, co cal contra a fin da Terceira Idade convertéranse nun pobo minguado e receoso, atrincheirado nas ''Montañas do Bosque Escuro'' (''Emyn Fuin'', antes chamadas ''Emyn Duir'' ou "Montañas Escuras"). O ''[[Camiño Vello do Bosque]]'' ou ''Camiño Vello dos [[Anano (Terra Media)|Ananos]]'' cruzaba a fraga de leste a oeste, mais por mor da súa relativa proximidade a Dol Guldur, resultaba máis ben impracticábel. Os [[Elfo (Terra Media)|Elfos]] crearon un carreiro máis ao norte, que remataba nalgures das brañas ao sur de [[Lago Longo]] en [[Esgaroth]].
 
N' ''O Hobbit'', [[Bilbo Bulseiro]], xunto con [[Thorin Escudo de Carballo]] e a súa compañía de Ananos (sen [[Gandalf]]) aventuráronse no Bosque Escuro durante a súa misión de recuperar [[Erebor]] das poutas do [[Dragón (Terra Media)|Dragón]] [[Smaug]]. Durante o seu paso a través dasda fraga, o grupo foi capturado polas [[Arañas Xigantes]], descendentes de [[Elaraña]] que habitaban alí. Pouco despois de escaparen, os Elfos fixeron prisioneiros aos Ananos e leváronos ante Thranduil, que os encarcerou. Aínda que non fica completamente claro, foi pouco despois disto ou seica ao mesmo tempo cando o [[Consello Branco]] expulsou a Sauron de Dol Guldur. Cando este fuxiu para [[Mordor]], a súa influencia no Bosque Escuro diminuíu durante un tempo.
 
Anos despois, cando [[Gollum]], foi liberado de Mordor, [[Aragorn]] capturouno e levouno preso ao reino de Thranduil. Por mágoa, concedéuselle una certa liberdade para vagar pola fraga (baixo unha estreita vixilancia), mais Gollum escapou durante un asalto [[Orco]] e fuxiu ao sur cara a [[Moria]], na procura do [[Anel Único]].