Diferenzas entre revisións de «Germán Coppini»

m
adicar->dedicar
m (adicar->dedicar)
Entre outono de 1981 e primavera de 1983 forma parte de Siniestro Total, cos que edita en xuño de 1982 o [[EP]] ''Ayudando a los enfermos'', en novembro o [[LP]] ''¿Cuándo se come aquí?'' e en febreiro de 1983 o sinxelo ''Sexo chungo/Me pica un huevo''.
 
En febreiro de 1983 recibe un botellazo na perna mentras está actuando con Siniestro na Sala Zeleste en [[Barcelona]], o que o obriga a ingresar por unhas semanas no hospital, durante as que se prantexa seriamente a súa continuidade no grupo. Tras saír do hospital contacta co seu compañeiro de instituto [[Teo Cardalda]], co que forma un dúo, en principio tan só un pequeno proxecto paralelo a Siniestro Total, co nome de [[Golpes Bajos]]; de modo que compaxina a súa actividad nos dous grupos tocando de luns a vernes en Siniestro e as fins de semana en Golpes, que en principio só se adicabandedicaban a gravar versións de [[Who]].
 
Pero o momento decisivo chega cando con este último grupo envía algunhas cancións para participar no concurso de maquetas da revista ''Rock Espezial'' (actualmente ''[[Rockdelux]]'') e gañan o primeiro premio. Pouco despois e debido a este éxito, Golpes aparece no programa ''La edad de oro'' de [[Televisión Española]], presentado por [[Paloma Chamorro]]; Germán non comenta que tamén pertence a Siniestro Total, o que fai que o resto de compoñentes do grupo se ofendan.
Tras dous anos de inactividade, o 15 de novembro de 2001 participa na festa organizada por [[Jesús Ordovás]] para celebrar o aniversario da Sala Pentagrama, onde canta, xunto con Julián Hernández, compañeiro seu nos primeiros tempos de Siniestro, á guitarra, o tema "Ayatolah!", do primeiro EP de dito grupo, que máis tarde foi publicado no disco do aniversario da Sala Pentagrama.
 
En 2002, e para celebrar o seu vixésimo aniversario, Nuevos Medios reedita en formato [[Digipack]] o único LP de Golpes Bajos, ''A Santa Compaña'', totalmente remasterizado e en edición de coleccionista, con material gráfico inédito. En 2003 Germán colabora con Tino di Geraldo na canción "Ojalá" do seu último disco, titulado ''Tino''. Entre 2003 e 2004 [[Televisión Española]] publica unha serie de DVDs con emisións do programa ''La bola de cristal'', entre as que se encontran videoclips tanto de Golpes Bajos como de Germán Coppini en solitario. Neste último ano tamén se adicadedica á pintura, e algúns dos seus cadros poden ser vistos na exposición ''Los colores de la música'', no que diversos músicos amosan os seus deseños.
 
Ademais, a finais de verán de 2003 forma un novo grupo, co nome de ''Anónimos'', xunto con [[Patacho Recio]], [[Juan Jaren]], [[Carlos Rodríguez]] e [[Ñete]]; participa nos actos de conmemoración do vixésimo aniversario da revista Rockdelux o 23 de novembro, e colabora escribindo as letras e prestando a súa voz no primeiro disco de [[Carmen Cancer]], ''Ynolose''.
61.374

edicións