Diferenzas entre revisións de «Friedrich Bessel»

m
adicar->dedicar
m (adicar->dedicar)
Era fillo dunha criada e aos 14 anos pasou a ser aprendiz nunha compañía mercantil de importacións e exportacións de Bremen. Xa de pequeno converteuse no seu contable e a confianza no seu traballo levouno a cambiar as súas habilidades matemáticas a problemas de navegación; isto levouno a fixar o seu interese na astronomía como unha saída para determinar a lonxitude.
 
O seu traballo tan concienzudo chamou a atención dunha das maiores figuras da astronomía alemá, [[Heinrich Olbers|Heinrich Wilhelm Olbers]], por precisar nos cálculos da órbita do [[Cometa Halley]]. Grazas ao seu apoio puido atopar traballo nun observatorio privado instalado preto de [[Bremen]], onde comezou a traballar con total adicacióndedicación.
 
A suxerencia de Olbers, analizou e clasificou as observacións e medicións estelares de posición efectuadas anteriormente por [[James Bradley]], dunhas 3.000 estrelas; nesta tarefa demostrou un celo e precisión tal que o Kaiser Guillermo II de Prusia nomeouno director do Observatorio de Königsberg, onde pasou o resto da súa vida pese á súa constante queixa do clima local.
En [[1844]], analizando as posicións micrométricas de dúas estrelas fundamentais do catálogo do astrónomo inglés [[Nevil Maskelyne]] ([[Sirio]] e [[Proción]]), comprobou que o seu movemento aparente polo ceo era errático, coma se estivesen afectados por outro ''corpo'' moi próximo pero invisible. Utilizando as súas propias observacións deduxo a órbita do compañeiro de Sirio, a [[estrela anana branca]] Sirio B (tamén coñecida como o Cachorro) que non sería descuberta ata o ano [[1862]] por [[Alvan Graham Clark]]. A compañeira de Proción sería descuberta en [[1895]].
 
Despois de moitos anos de traballo e adicacióndedicación publicou un catálogo coas posicións precisas dunhas 75.000 [[estrela]]s do hemisferio norte.
 
[[Categoría:Personalidades da astronomía]]
61.374

edicións