David Ricardo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
XoseBot (conversa | contribucións)
m adicar->dedicar
Liña 2:
 
Naceu e faleceu na cidade de [[Londres]]. Tamén foi un home de negocios e especulador exitoso e amasou una considerable fortuna.
Ricardo foi o terceiro de dezasete fillos dunha familia sefardí xudía (de [[Portugal]]) que emigrou dos [[Países Baixos]] a [[Inglaterra]] antes do seu nacemento. Cando cumpriu catorce anos, Ricardo seguiu os pasos do seu pai o traballar no ''London Stock Exchange'', onde aprendeu o básico sobre finanzas. Este comezo axudouno no seu futuro éxito no mercado de valores e bens inmobles. Tivo unha formación científica deficiente e foi, coma seu pai, axente de bolsa. A lectura das obras de [[Adam Smith]] impulsou, dende [[1799]], a adicardedicar a meirande parte do seu tempo na Banca de Londres, converteuse en terratenente. En [[1819]] foi elixido membro do Parlamento por Portarlington; retivo o cargo ata súa morte, aínda que nunca visitou [[Irlanda]]. O seu retiro dos negocios permitiulle adicarsededicarse a traballos intelectuais dende moi novo.
 
A súa obra máis importante, '''Principios de economía política e tributación''', constitúe a exposición máis madura e precisa da economía clásica; no prefacio afirma que “o principal problema da economía política é determinar as leis que regulan a distribución”. Con esa finalidade desenvolveu unha teoría do valor e unha teoría da distribución. Escribiu tamén un grande número de ensaios, cartas e notas que conteñen aportacións de grande importancia. Nembargantes, seus escritos resultan tan condensados e complexos que moitos lectores atopan mellor expostas as súas ideas nos traballos de ''J.B.Say'', ''Malthus'' e ''McCulloch''.