Coren: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m adicar->dedicar
Liña 3:
==Historia==
 
No ano [[1959]] comézase a forxar a nova compañía. [[Eulogio Gómez Franqueira]] é nomeado xerente da entón denominada ''Uteco Provincial''. Franqueira comezou entón un proxecto de saneamento da empresa, mercando os produtos en orixe co fin de obter mellores prezos. En [[1962]] Uteco constitúe a ''Cooperativa Provincial Ganadera'', que lle mercaba a unha empresa norteamericana os polos e os compostos para alimentalos, é entón cando Uteco comeza a construir a fábrica para a creación de compostos baixo a licenza desta empresa, pero as ganas de independizarse da empresa norteamericana, fai que en [[1965]] rompan o pacto coa americana, e xusto nese ano nace unha cooperativa adicadadedicada exclusivamente a elaboración de compostos para a cria dos animais.
 
En [[1966]], a xa denominada ''Coren'' pon en funcionamento o matadoiro avícola e a primeira planta de incubación de Galicia, ao mesmo tempo preparábanse para entrar no mercado do vacún. É en [[1968]] cando as empresas de Coren crean a súa propia rede comercial, e en [[1970]] constrúese a central leiteira e a clasificadora de ovos no parque empresarial de [[San Cibrao das Viñas]] ([[Ourense]]), con esta aparición , Coren estende o seu mercado ao gando porcino coa creaciópn dunha nova cooperativa.