Comarca da Limia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Estandarizando interwiki
XoseBot (conversa | contribucións)
m adicar->dedicar
Liña 12:
O cultivo de [[cereal|cereais]] e a [[pataca]], produto con [[denominación de orixe]], predominan na maior parte das terras de [[labradío]]. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dase, con moita diferencia, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.
 
A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de [[Galicia]], con 350 familias vivindo exclusivamente da [[agricultura]] e outras 500 adicadasdedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 [[Hectárea|Has]] de cereais, cun 55% de [[trigo]]; seméntanse unhas 4000 Has de [[pataca]], a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos ([[fertilizante]]s, [[semente]]s, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.
 
Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa [[Coren]] nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.