Trubia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Trubia''' é unha [[parroquia]] (Santa María), do [[concello]] de [[Oviedo]], [[Asturias]], contaba con 1.851 habitantes no ano [[2005]]. Historicamente pertenceu antes ao concello de [[Grao]], do que se separou oficialmente en [[1885]], xunto con as freguesías de [[Pintoria]] ye [[Udrión]], a petición dos propios veciños, pa pasar a depender do da capital, Oviedo, da que dista unha ducia de quilómetros.
 
Trubia acadou certa notoriedade polas súas fábricas de armas. A posibilidade dun ataque francés, logo da [[Paz de Basilea]], fixo que se decidise, polo goberno español, o traslado da industria militar das factorías guipuzcoanas de Eugui e Orbaiceta, demasiado próximas á fronteira gala, e que foran asaltadas na contenda anterior. Escolleuse Trubia, porque fornecía a posibilidade nos arredores de recursos básicos: auga, madeira, ferro e carbón. Supuxo o traslado de centenares de familias, que acompañaron, naturalmente aos operarios, desde as Vascongadas a Asturias. Trubia converteuse así nun referente industrial, non só para Asturias senón para toda [[España]].