Xunta do Reino de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
A súa orixe non está clara e hoxe acéptase unha relación directa entre a Xunta e as reunións da [[Santa Irmandade]], das que partiría o costume de manter reunións periódicas entre os representantes das principais cidades para solventar as cuestións relativas ó reparto de tributos e levas militares. Un dos aspectos máis interesantes en relación coa actuación da Xunta foi o tema do voto en Cortes.
 
Galicia perdera a posibilidade de ter voto nas [[Cortes da Coroa de Castela]], e era a cidade de [[Zamora]] a que falaba por ela dende mediados do [[século XV]]. Non se sabe con certeza como perdeu este dereito que tiña Galicia. En [[1623]] grazas ás boas xestións dos diplomáticos galegos [[Pedro Fernández de Castro y Andrade|Lemos]] e [[Diego Sarmiento de Acuña|Gondomar]] (e o pago de 100.000 [[ducado]]s) Galicia recupera o voto en Cortes. Este esforzo valeu de pouco xa que é unha época na que as Cortes teñen un papel escaso ou nulo.
 
A pesar da positiva valoración que da actuación da Xunta do Reino fixeron historiadores como [[Manuel Murguía|Murguía]] non foi unha institución realmente representativa do conxunto do reino, nin polos asuntos nos que entende e traballa nin polos intereses que defende. Actuou como un órgano intermedio, consultivo, de equilibrio entre as autonomías locais e os desexos rexios ós que case nunca se opuxo. Mantivo unha actitude pouco reivindicativa{{cómpre referencia}} e isto estaba causado{{cómpre referencia}} pola composicion social da Xunta na que predominaban individuos pertencentes á pequena nobreza provincial e ás oligarquías urbanas, é dicir, por elementos da fidalguía intermediaria. A reforma liberal de 1833 acaba coa Xunta do Reino e tamén co Reino de Galicia, e fai aparecer as 4 [[provincia]]s que se manteñen na actualidade.