Diferenzas entre revisións de «Santander, Colombia»

=='''Governo e administración'''==
 
O Governador elíxeo popularmente o pobo, así como unha Asamblea Departamental que é o equivalente no Departamento (ou estado) dun Congreso con funcións en proceso de "aniquilación". Cada Concello ten un alcalde e un concello municipal para administrarse. Nas poboacións grandes (de máis de 100.000 hab.) o sector urbano da cidade subdivídese en comunas, e cada comuna adminístraa unha xunta administradora local (Junta Administradora Local, "JAL"), que se fai cargo dalgunhas das funcións do Concello Municipal, quen debe obedecer ós requerimientos das JAL. Nalgúns lugares grandes nos que non existen as JAL, as Comunas son administradas polos ([[COACCIV]]) "Comités de Acción Cívicos", que teñen acceso directo ó alcalde municipal e fan as veces das JAL e dos Alcaldes Menores (= "Tenentes de Alcalde"). Os líderes destes comités deben tomar nota das necesidades e acudir á instancia correspondente para así axudar ó progreso da súa comuna, sendo un ente máis activo que calquera outro dos xa nomeados.
 
Nas zonas rurais, subdivídense en [[correxemento]]s, administrados algúns por un inspector de policía, outros polo párroco e outros por un administrador especial, elexido polo pobo en votación popular, e iso sí, en todos existe unha JAL (Xunta Administradora Local).
Usuario anónimo