Diferenzas entre revisións de «Martin Heidegger»

(→‎Bibliografía: + bibliografia)
 
===Etapa ontolóxica===
Despois de 1930, en que pronuncia a conferencia ''Da esencia da verdade'' (publicada en 1943), o pensamento heideggeriano empeza a apuntar cara novos camiños. Algúns críticos consideran que Heidegger puido advertir na súa filosofía existencial restos de [[subxectivismo]]: o "suxeito", aínda que desde o plano existencial e non esencial, estaría a xogar subrepticiamente un papel decisivo no seu pensamento. O caso é que Heidegger comeza a pensar que non é posible construir unha nova ontoloxía, e moito menos a través da "[[Antropoloxía filosófica|antropoloxía]] existencial". Máis ben ten que suceder que sexa o Ser mesmo, previo a todo ente e fundamento del, quen proporcione, por si só, o ''sentido'' de toda a realidade. Agora a Heidegger xa só lle interesa o Ser, mais non como algo positivamente cognoscible, senón como un misterio que nostodo o envolve (ontoloxía negativa).
 
Pero este novo enfoque do ámbito transcendental presenta serios problemas ó pensamento filosófico tradicional. Este sempre expresouse por medio da linguaxe e é esta linguaxe a que interesa ó novo Heidegger, pero non no contido semántico do que ''di'', senón apuntando a un sentido non dito que está como fundamento do dito. Este "sentido oculto" ten que aparecer a un auténtico ''escoitar'' (xa en ''Ser e tempo'' aparecía esta idea), pois sempre que dicimos algo estamos xa ocultando esa outra dimensión da linguaxe máis orixinaria e na que habita o Ser. A linguaxe heideggeriana nesta etapa adopta, conforme á esixencia do propio proxecto filosófico, un caracter poético e [[mística | místico]] e, para algúns, simplemente teolóxico. Non se debe esquecer que é na [[teoloxía]], precisamente, onde hai que buscar os inicios do pensamento heideggeriano. Outro tema importante nesta segunta etapa, relacionado coa cuestión do Ser, son as meditacións de Heidegger sobre a esencia da [[técnica]], de enorme influencia no pensamento contemporáneo (por exemplo, a [[Escola de Francfort]], [[Hans Jonas]], etc.). A historia da [[metafísica]] occidental tería como destino, a dicir de Heidegger, a implantación dominante do modo de pensar técnico: ve o mundo unicamente como un inventario de mercadorías a disposición do ser humano e acaba por instaurar puras relacións técnicas en todo. Da técnica brota unha "imposición" ou "entramado" (''Gestell'') que dirixe e organiza toda a vida do ser humano. Aínda así, Heidegger tamén pensa que na técnica se oculta unha posibilidade de superación e transformación do propio mundo tecnolóxico.
195

edicións