Edmund Husserl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
qu
Liña 1:
[[Imaxe:EdmundHusserl.jpg|250px|thumb|right|Edmund Husserl]][[Historia da Filosofía | Filósofo]] [[alemán]]. Nado en [[1859]] en Prossnitz, pertencente por aquel entón ó [[Imperio Austro-Húngaro]]. De orixe [[xudaísmo|xudía]]-[[asquenací]], converteuse ó cristianismo no ano [[1886]]. Estudou en [[Viena]], [[Leipzig]] e [[Berlín]]. A súa preparación abarcou o campo das matemáticas, psicoloxía e filosofía. Entre os seus mestres son de destacar W. Wundt, célebre psicólogo, e oos filósofofilósofos F.Franz Brentano e Carl Stumpf.
 
Entre 1887 e 1901 exerceu como profesor na Universidade de Halle. Como resultado da súa actividade intelectual nesta época aparece en 1900-1 o libro ''[[Investigacións lóxicas]]''. A partires de [[1901]] é nomeado profesor na Universidade de Gotinga. Desta etapa son as obras ''[[A filosofía como ciencia rigorosa]]'' (1911) e a emblemática ''[[Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e filosofía fenomenolóxica]]'' (1913). En [[1916]] trasládase á Universidade de Friburgo onde ocupa a cátedra deixada polo neokantiano [[Heinrich Rickert]]. Nesta Universidade entra en contacto co xoven [[Martin Heidegger | Heidegger]], quen se converte no seu principal discípulo e colaborador. Permanecerá en Friburgo ata a súa xubilación en 1928, ano no que a proposta súa o substitúe Heidegger na cátedra.
Liña 21:
 
Obviando esta noción de ''intersubxectividade'' a filosofía husserliana da conciencia foi catalogada por moitos como unha recaída outra vez no [[idealismo]]. Tal vez para eludir esta interpretación, segundo Husserl errónea, no escrito ''A crise da ciencias europeas'' introduce unha nova caracterización da fenomenoloxía como '''''ciencia do mundo da vida'''''. De acordo con esta nova orientación, á conciencia, campo propio da fenomenoloxía, acompáñalle tamén como un presuposto certo a conciencia do mundo, configurándese nesa unidade a totalidade da vida intencional da conciencia.
 
 
== Repercusións ==
 
En torno a Husserl formouse un numeroso e notable núcleo de discípulos. Case todos abandonaron a dirección inmanentista da filosofía da conciencia e trataron de desenvolver a fenomenoloxía das esencias aplicando o método fenomenolóxico a moi diversos campos da filosofía. Como é imposible mencionalos todos sinalar tan só algúns destes pensadores: A. Reinach, M. Geiger, J. Hering, R. Ingarden, H. Conrad-Martius e M. Heidegger ([[Ontoloxía]]); E. Stein ([[ Tomé de Aquino | Tomismo]]); A. Pfänder, Th. Conrad, D Katz, P. F. Linke e M. Beck ([[Psicoloxía]]); K. Stavenhagen, F. Kaufmann e E. Levinas (Filosofía da relixión); [[Max Scheler | M. Scheler]] e D. von Hildebrand
([[Ética]]). De éstes os máis célebres e influintes foron, sen lugar a dúbidas, Max Scheler e Martin Heidegger. A través deste último a fenomenoloxía actuou, moi ó pesar de Husserl, como solo no que enraizaron dúas das grandes correntes filosóficas do século XX: [[Existencialismo]] e [[Hermenéutica]]