The Homens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
formato
Liña 10:
| membros = Martin Wu, Roi, Xocas
| antigos_membros =
| web = [http://www.thehomens.com www.thehomens.com]
 
}}'''The Homens''', grupo galego de [[powerpop]]. Tivo os seus inicios sobre o ano [[2004]] na Casa Xurásica de [[Compostela]], no mesmo ambiente doutras bandas como [[Samesugas]] ou [[Fame Neghra]]. Os seus compoñentes tiñan experiencia en grupos como os propios [[Fame Neghra]], [[Street Fighter]] ou [[Stay Pretty]], en liñas próximas ao [[garage]] ou ao [[hardcore]]. Porén, a formación da banda supón a adopción dun estilo moito máis próximo ao [[powerpop]], con puntuais influencias de [[post-core]] e [[britpop]]. A súa aposta musical toca dous vértices: a posibilidade de facer música [[pop]] sen complexos en lingua galega, e o compromiso coa libre difusión da cultura. Neste último sentido, a inmensa maioría dos seus traballos pode ser descargado de balde da súa propia páxina web, baixo licenzas [[Creative Commons]].
 
O seu primeiro traballo, o [[EP]] ''The Homens'' sae á luz no verán de [[2005]], en formato [[mp3]]. En menos dun ano, seguirá outro [[EP]], ''The Homens #2''. A edición deste segundo disco será en formato físico, nun [[CD]] de sete pistas. Edítanse seis novos temas e inclúese ''"Desaparece''", do anterior traballo. Deses seis novos temas, cinco serán disponibilizados para a libre descarga na web do grupo. O ano [[2006]], co lanzamento do novo traballo, supón un aumento da popularidade e da actividade do grupo, que chega a dar uns 30 concertos pola [[Galiza]], visitando tamén varios festivais en [[Portugal]]. A súa canción ''"Sandra Dee''" quedará entras as dez primeiras do concurso [[A polo ghit]] e o [[EP]] será escollido polos lectores da [[SonotoneSono-tone]] como un dos cinco mellores traballos do ano.
 
A principios de [[2007]] o grupo participa do disco homenaxe a [[Andrés do Barro]] ''[[Manifesto Dobarrista]]'', coa canción ''"Con máis amor''".
 
No ano [[2007]], sacan á luz o seu primeiro traballo longo ''[[Tres]]'', sen dúbida o disco máis ambicioso da banda, gravado nos estudos Ultramarinos Costa Brava, e coa asistencia na produción de Santi García. O disco será editado por [[Falcatruada]] baixo dúas formas: unha edición en [[CD]] e outra limitada que inclúe un vinilo, e o [[CD]]. Ademais diso, disponibilízanse nove dos seus once temas para a libre descarga dende a propia web do grupo. O disco será escollido como o segundo mellor traballo de [[2007]] polos lectores da [[SonotoneSono-tone]]. O grupo continuou o seu traballo con multitude de concertos por todo país, así como en [[Portugal]] e [[Cataluña]].
 
==Discografía==
 
*''The Homens'' (Autoeditado, [[mp3]], [[2005]]).
*''The Homens #2'' (Autoeditado, [[2006]]).
*''Tres'' ([[Falcatruada]], [[2007]]).
 
==Presenza en discos colectivos==
*''[[Manifesto Dobarrista]]'' ([[A Regueifa Plataforma]], [[Falcatruada]], [[Lonxa cultural]], [[2007]]): co tema ''"Con máis amor''"
 
*[[Manifesto Dobarrista]] ([[A Regueifa Plataforma]], [[Falcatruada]], [[Lonxa cultural]], [[2007]]): co tema ''Con máis amor''
 
==Ligazóns externas==
 
*[http://www.thehomens.com Web oficial do grupo.]
*[http://www.sono-tone.net//index.php?option=com_content&task=view&id=148&Itemid=35 Entrevista na revista Sono-Tone.]
[[Categoría:Grupos de música de Galicia]]