Mallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
== Descrición ==
 
O mallo está composto de dous paos, atados por unha [[correa]] ou unha [[cadea]]. Un deles, polo xeral máis longo e menos groso, é sostido nas mans do mallador, e ten diversas denominacións, segundo o lugar (''pértego'', ''moca'', ''monca'', ''mangueira'', ''mangueiro'', ''almanca''), o seu movemento impulsa, a través adsdas correas ou cadeas, un segundo pao, máis groso, que será o que bata no cereal directamente, este recibe tamén diversos nomes segundo as comarcas (''porro'', ''mallo'', ''pértego''). A correa ou cadea que une ambos paos recibe a súa vez tamén denominacións variadas: ''correa'', ''casula'', ''puga'', ''carrachola'', ''narigota'', ''asa'', ''cedoiro'', ''encedoiro'', ''loro'', ''meá'', ''temoeiro'', etc. Algúns destes nomes son en realidade unha estensión [[Sinestesia|sinestésica]] das cubertas de [[coiro]] ou [[Metal|metálicas]] (casula) que poden ter os extremos dos dous paos para protexelos do desgaste por [[rozamento]] con oco seu uso.
 
Os tamaños de cada peza de pao varían con oco cereal parano que se empreguen e a experiencia propia do mallador. Datos obtidos de mallos, para trigo, de granxeiros de [[Quebec]] ([[Canadá]]) mostran mocas de 1,5 m de longo e 3 cm de diámetro, con porro de 1 m de longo e 3 cm tamén de grosor.
 
[[Imaxe:Battage à Fléau.jpg|thumb|Campesiños franceses mallando con manles, ca 1270]]