Galeuzca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m redirección
Liña 1:
#REDIRECT [[ca:Galeusca]]
'''Galeusca''' (contracción dos topónimos [[Galicia]], [[Euskadi]] e [[Cataluña]]) é o nome co que foron designados varios pactos entre partidos e políticos nacionalistas de Cataluña, o País Vasco e Galicia dende [[1923]] ata a actualidade. Tamén se lle chama '''Galeusca''' ó [[congreso]] anual e rotatorio das tres asociacións de [[escritor]]es das tres linguas.
 
==Histórico dos pactos==
O primeiro pacto Galeusca (tamén denominado '''Triple Alianza''') foi asinado na sede do Centre Autonomista de Dependents del Comerç i de la Indústria (CADCI) o [[11 de setembro]] de [[1923]] por representantes de varias asociacións e partidos:
*De Cataluña, de [[Estat Català]] Francesc Macià, de [[Unió Catalanista]] Josep Riera i Puntí e Pere Manen e Artés, e de [[Acció Catalana]] Jaume Bofill i Mates e Antoni Rovira i Virgili.
*De Galicia, das [[Irmandades da Fala]] Alfredo Somoza e Federico Zamora e da [[Irmandade Nazonalista Galega]] [[Vicente Risco]].
*Do País Vasco, Elías Gallastegi ''Gudar'', José Domingo Arana, Manuel Egileor e Telesforo Uribe-Etxebarría, do [[Partido Nacionalista Vasco]] (sector [[Aberri]]). Máis tarde uníronse Julien Arrien e Jesús María de Leizaola, de [[Comunión Nacionalista Vasca]].
 
No documento reclamábase a plena soberanía política para as tres rexións das que procedían, definidas como [[nación]]s e se propoñía a creación dun consello conxunto para unir forzas. Aínda así, durante a [[ditadura]] de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]], as diferenzas ideolóxicas entre Estat Català e o PNV e a escasa forza política dos nacionalistas galegos deixaron o proxecto en vía morta. Nacionalistas galegos e cataláns participarían no [[Pacto de San Sebastián]]. Non así os vascos. Ata [[1933]] non se volveu propoñer a reactivación do pacto, cando o PNV se aliou con Francesc Cambó, Acció Catalana e Palestra. Pero en [[1934]], ao xurdir un conflito entre o goberno radical da República e o País Vasco, con motivo das eleccións municipais, unha delegación de parlamentarios cataláns presidida polo deputado de Esquerra Republicana de Catalunya Josep Tomàs i Piera foi a Guernica, onde foi ratificado o novo pacto. Durante a Guerra Civil, e unha vez obtida a autonomía para o País Vasco, o PNV preferiu aliarse con Esquerra Republicana de Catalunya e durante un tempo fíxose moita propaganda do pacto; cando o País Vasco foi ocupado polas tropas franquistas en [[1937]], o goberno autónomo instalouse en [[Barcelona]].
 
Durante o exilio, o [[9 de maio]] de [[1941]], promoveuse o segundo pacto en [[Bos Aires]], baixo o nome de ''Galeuzka'', reclamando a autodeterminación dos tres pobos e o apoio dos Aliados. Os asinantes foron:
* De Cataluña, Manuel Serra i Moret, Josep Escolà i Marsà e Pere Mas, dos ''casales'' cataláns e a Generalitat de Cataluña no exilio.
* Do País Vasco, Ramón María Aldasoro, José María Lasarte e Francisco Basterrechea, do PNV e do goberno vasco no exilio.
* De Galicia, [[Castelao]], Antonio Alonso Ríos e Lino Pérez, do [[Partido Galeguista]] e do [[Consello de Galiza]].
 
O pacto foi ratificado en [[Cidade de México|México]] o [[22 de decembro]] de [[1944]] por representantes da comunidade catalana de México, PNV, ELA-STV, Partido Galeguista, Estat Català, Acció Catalana, o Secretariado de Militantes de ERC, o Partit Socialista Català e a Unió de Catalans Independents. Estes nomearon un secretariado tripartito formado por Joan Loperena (Cataluña), José Luis Irisarri (País Vasco) e Juan López (Galicia). Entre outros obxectivos, propoñíase combater a ditadura franquista, afirmar a identidade das tres nacións, defender os seus dereitos, traballar polo restablecemento da [[república]] e opoñerse á restauración da [[monarquía]].
 
Aínda así, non chegou a ter ningún resultado práctico porque foi descalificado tanto por Josep Irla, presidente da Generalitat de Cataluña no exilio, como por José Antonio Aguirre, lehendakari no exilio, de xeito que en marzo do [[1945]] fracasara nos seus obxectivos. Nembargantes, o seu recordo animou a numerosos intelectuais no interior e no exilio. A declaración de Barcelona do [[18 de xullo]] de [[1998]] entre o PNV, BNG e CiU intentaba recuperar este espírito en contra da que consideraban política antiautonomista do presidente do goberno español [[José María Aznar]] e tivo como resultado a coalición electoral [[GalEusCa]], que se presentou ás eleccións europeas no 2004.
 
==Coalición [[GalEusCa]], eleccións europeas no [[2004]]==
 
==Asociacións de escritores==
* A AELC ([[Associació d'Escriptors en Llengua Catalana]]) escritores en [[Lingua catalá|catalán]].
* A AELG ([[Asociación de Escritores en Lingua Galega]]) escritores en [[Lingua galega|galego]].
* A EIE ([[Euskal Idazleen Elkartea]]), escritores en [[Lingua éuscara|vasco]].
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
* [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]]
* [[GalEusCa]]
 
===Ligazóns externas===
* [http://www.escriptors.cat/ Web da AELC, escritores en catalán.]
* [http://www.aelg.org/MainPage.do;jsessionid=20460E3EDA4CBA7BB50DFE5160C6F033 Web da AELG, escritores en galego.]
* [http://www.idazleak.org/ Web da EIE, escritores en vasco.]
* [http://casa-das-letras.blogspot.com/2007/11/cita-literaria-de-galeusca-na-cidade-de.html Nova sobre o Congreso de Galeusca 2007 en Lugo e Mondoñedo.]]
 
[[Categoría:Forzas políticas de España]]
 
[[ast:GalEusCa]]
[[ca:Galeusca]]
[[es:Galeusca]]
[[eu:Galeusca]]
[[fr:Galeusca]]