Juanillo Esteban: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Actor]] e [[guionista]] [[galego]] nacido en [[1968]]. Estudiou producción e realización de vídeo-TV na CAI ([[A Coruña]]), interpretación, guión, producción de espectáculos en vivo e talleres de [[clown]] cos prestixiosos [[Jango Edvards]] e [[Leo Bassi]]. Deuse a coñecer en 1993 no papel de Rufo Machado na comedia gore de culto ''[[A Matanza Caníbal dos Garrulos Lisérxicos]]'', dirixida polo malogrado [[Antonio Blanco]], quen, un ano despóis, foi un dos creadores do xa mítico e revolucionario programa infantil da [[TVG]] ''[[Xabarín Club]]''. Nel, Juanillo leva dende o principio poñendo a súa voz a Xabarín, o porcino personaxe principal e presentador animado, papel que repetirá na serie "spin-off" ''[[Os Vixilantes do Camiño]]''. Tralo seu paso por varias series da TVG como ''[[Avenida de América]]'' e ''[[Fíos]]'', ademáis de intervencións en seis capítulos de ''[[Pratos Combinados]]'', Juanillo voltou en [[2004]] ós seus inicios no cine de culto coa [[curtametraxe]] ''[[A Consulta do Dr. Natalio]]'', de [[Javi Camino]], na que interpreta ó sinistro doutor do título, un científico tolo na mellor tradición da serie B. Actualmente ([[2005]]), Juanillo atópase rodando a segunda parte desta comedia negra, que nesta ocasión será unha [[longametraxe]].
 
[[Category:Actores e actrices|Esteban, Juanillo]]
[[Category:Audiovisual galego|Esteban, Juanillo]]