Diferenzas entre revisións de «Nicanor Parra»

m
→‎Biografía: corrixo ligazóns de homónimos
m (image)
m (→‎Biografía: corrixo ligazóns de homónimos)
Fillo de Rosa Clara Sandoval Navarrete, crece nun ambiente artístico. Desde pequeno alternou a súa residencia entre [[Santiago de Chile|Santiago]], [[Lautaro (comuna)|Lautaro]], [[Ancud]] e [[Chillán]].
 
En [[1927]], ingresou no Liceo de Homes de [[Chillán]], onde cursou ata o Quinto Ano de Humanidades. En [[1932]], fuxiu da casa rumbo a Santiago, onde cursou o último ano de educación secundaria no Internado Nacional Barros Arana, grazas a unha bolsa da ''Liga de Estudantes Pobres''. Aí coñeceu a [[Jorge Millas]], [[Luís Oyarzún]] e Carlos Pedraza, cos cales tivo grande afinidade artística. O ano [[1933]], o poeta ingresou ao [[Instituto Pedagóxico da Universidade de Chile|Instituto Pedagóxico]] da [[Universidade de Chile]] co fin de estudar [[Matemáticas]] e [[Física]]. Tamén tomou [[Enxeñería]], [[Dereito]] e [[InglésLingua inglesa|inglés]], pero pronto os abandonou. Financiou os seus estudos desempeñándose como inspector do INBA e foi alí cando en [[1935]] publicou o seu primeiro anticonto chamado ''"Gato no camiño"'' na Revista Nova (publicación que fundou xunto a Millas e Pedraza). O relato circulou entre os inspectores, profesores e alumnos do Internado.
 
Regresou do Instituto Pedagóxico en [[1937]], para desempeñarse como profesor de matemáticas e física no Liceo de Homes de Chillán. O mesmo ano publica ''Cancioneiro sen nome'', o seu primeiro libro de versos, onde deixou entrever pegadas da poesía de [[Federico García Lorca|García Lorca]].
68.670

edicións