Índice de refracción: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15:
 
== Índice de refracción e propiedades materiais ==
 
O comportamento do índice de refracción vai dar lugar a distintos fenómenos, que servirán ao tempo para realizar unha clasificación dos medios materiais en termos das súas propiedades ópticas e electromagnéticas.
 
Cando o índice de refracción permanece invariante ante un desprazamento dun ponto a outro calquera do medio, dise que é ''[[homoxeneidade|homoxéneo]]''.
 
Ao considerarmos a dirección de propagación dunha onda EM, se o índice é invariante ante a mesma nun ponto calquera do medio, dise que o medio é ''[[isotropía|isótropo]]'', e en caso contrario presentará ''[[anisotropía]]''.
 
No caso de que o índice sexa independente da amplitude da onda, estaremos a falar dun medio lineal, en caso contrario dirase que o medio é non lineal. Esta característica é actualmente un dos asuntos que maior volume de traballo ocupan na actividade investigadora internacional -e tamén no noso país, con varios grupos de investigación das tres universidades adicados ao seu estudo-, dando lugar á denominada [[óptica non lineal]], e a boa parte da [[fisíca non lineal]].
 
Hai outras propiedades ópticas e electromagnéticas, algunhas xa comentadas (a ''[[absorción]]'', a ''[[dispersión cromática]]'') ou como a ''[[reflectividade]]'' e outras, que se poden analisar tamén a través do comportamento do índice de refracción. De entre elas, ímonos deter para rematar, pola súa importancia histórica tanto científica como tecnolóxica, na ''[[refracción]]''.
 
A [[refracción]] consiste na mudanza da traxectoria dun raio (na óptica xeométrica) ou en xeral dun frente de ondas, ao atravesar a fronteira entre dous medios distintos, por un ángulo que ven determinado pola relación entre os índices de refracción dos dous medios. Este ángulo, o ángulo de refracción, obtense mediante a [[lei de Snell]], que relaciona os ángulos de incidencia e refracción a traves dos seus seos e máis dos índices dos medios.