Edmund Husserl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 20:
A parte metodolóxica é a aportación máis significativa e novidosa da fenomenoloxía. Consiste nunha técnica inspirada na ''dúbida'' cartesiana que pon en suspenso toda crenza ou xuízo que non se presente á razón humana con absoluta evidencia. Coñécese co nome de ''método fenomenolóxico da redución''. Con este método debería poderse, primeiro, fundar as diferentes ciencias empíricas e, segundo, dar cun principio primeiro unificador e garante de toda actividade humana científica e ética. O primeiro aspecto correspóndese coa fenomenoloxía entendida como '''''ciencia das esencias'''''. As ''ciencias empíricas'' refírense a fenómenos da experiencia sensible, pero como en todo feito sensible hai unha esencia, só coñecendo esta pode fundarse solidamente o coñecemento empírico. O segundo aspecto, en cambio, orienta a fenomenoloxía cara unha '''''ciencia da conciencia'''''. Posto que toda esencia resulta coñecida por unha conciencia humana hai que describir a estrutura desta para determinar como se configura aí unha relación fundamental e unitaria de todas as esencias. Esta conciencia á que apunta o método fenomenolóxico é unha '''''conciencia pura''''', isto é, unha estrutura lóxica na que necesariamente ten que encaixar toda actividade consciente humana concreta. Husserl denomínaa '''''subxectividade transcendental''''' . A través dunha serie de complexos e especializados análises da conciencia Husserl desemboca no concepto de '''''intersubxectividade''''': o recoñecemento da existencia de diversas conciencias todas elas co mesmo rango [[ontoloxía | ontolóxico]].
 
EstaObviando esta noción de ''intersubxectividade'' a filosofía husserliana da conciencia foi catalogada por moitos como unha recaída outra vez no [[idealismo]]. Tal vez para eludir esta interpretación, segundo Husserl errónea, no escrito ''A crise... da ciencias europeas'' introduce unha nova caracterización da fenomenoloxía como '''''ciencia do mundo da vida'''''. De acordo con esta nova orientación, á conciencia, campo propio da fenomenoloxía, acompáñalle tamén como un presuposto certo a conciencia do mundo, configurándese nesa unidade a totalidade da vida intencional da conciencia.
 
 
== Bibliografía ==
 
* A.Reinach; ''Was ist Phänomenologie'', Munich, 1951
* J. Xirau; ''La filosofía de Husserl. Una introducción a la fenomenología'', Buenos Aires, 1941
* I.G.Romero; ''Husserl y la crisis de la razón'', Madrid, 1986
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía|Husserl, Edmund]]