Martin Heidegger: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 37:
Trátase dun ámbito que non pode ser explicado do mesmo xeito que fan as ciencias cos seus obxectos de estudio, nin as filosofías esencialistas cos seus argumentos [[lóxica |lóxicos]], senón que ten que ser comprendido a través de procesos similares, aínda que non idénticos, ós empregados na interpretación de textos ([[Hermenéutica]]).
O primeiro a priori da existencia humana consiste no que Heidegger chama un "[[ser-no-mundo]]", isto é, un existir (ser) que trae consigo un mundo (aí). Por iso a expresión ''[[Dasein]]'' (ser-aí) é usada para referirse ó ente humano. A través dunha serie de complicados análises Heidegger vai caracterizando a existencia humana como actividade (''praxe'') que se desenvolve sempre participando dun determinado estado de ánimo (ou medo, ou goce, ou exaltación, etc.) en medio doutros seres humanos (interacción). Esta existencia pode ser auténtica (xenuína) ou inauténtica. No primeiro caso o ''Dasein'' é radicalmente libre, mentres que no segundo caso vive nun estado de "caída", renunciando á súa [[liberdade]] e atopando tranquilidade ó deixarse guiar polas decisións doutros. Á experiencia de liberdade, en cambio, acompáñalle un estado de [[angustia]] capaz de revelar o auténtico ser da existencia humana. Este consiste nun estado de alerta ("coidado", ''Sorge'') que anticipa todas as posibilidades futuras que de acordo co noso pasado e presente son xa constitutivas da nosa existencia. Entre estas posibilidades está a derradeira de todas elas: a morte. O ''Dasein'', xa que logo, é un [[ser-para-a-morte]]. Esta representa un futuro orixinario, isto é, un tempo futuro que xa non se pode estender máis e, polo mesmo, o fin da existencia. En consecuencia, a condición existencial fundamental do ''Dasein'' é a ''[[temporalidade]]'' (''Zeitlichkeit''), entendida como un tempo finito que reúne unitariamente o despliegue temporal das súas posibilidades. É así que o ser humano é ontoloxicamente ''[[historicidade]]'' (''Geschichtlichkeit''), o que remitirá á ''historia do pensamento'' de cara ó proxecto de elaboración da ontoloxía.
===Etapa ontolóxica===
|