Bautismo anticipado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
engado fotografía dunha das pontes onde se facía o bautismo anticipado
desfago redirección de mouro
Liña 22:
 
==As [[ponte]]s==
Esta práctica [[superstición|supersticiosa]] realizábase sobre determinadas pontes que tivesen certas características. Tiñan que ser vellas, preferiblemente construídas polos romanos ou polos ''[[mouro (mitoloxía)|mouro]]s'' <ref>Na mitoloxía galega, os mouros representaron sempre épocas antiquísimas e posuían poderes máxicos e sobrenaturais. Dunha das pontes nas que se realizaban estes bautismos, a ''Ponte das Partidas'', en Moreira, Ponteareas, sobre o [[río Tea]], cóntase que foi levantada polos mouros nunha soa noite. Tan habitual parecía ser este uso bautismal que se lle coñecía popularmente como ''Ponte das Paridas''.</ref>. Outra característica da ponte para ser eficaz era que posuíra unha cruz ou [[cruceiro]] no centro ou estar ó pé dunha [[capela]], aínda que o certo é que moitas pontes nas que se realizaba este bautismo non a cumpren.
 
Diferentes etnógrafos recolleron a práctica do bautismo no ventre da nai nas seguintes pontes: