Guillem Sagrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
A partir do [[1420]], Guillem Sagrera é nomeado [[mestre de obras|mestre maior]] da [[catedral de Palma de Mallorca]], onde dirixe diversas obras. Entre todas destaca a ''Porta do Mirador'', da que non só dá as trazas, senón que efectúa labor escultórico, no que salientan as estatuas de [[san Pedro]] e [[san Paulo]] (a virxe da mesma está hoxe no Museo de Palma, entanto no lugar ha unha réplica).
 
En [[1426]] acomete unha das súas obras máis completas: a [[Lonxa de Palma de Mallorca|Lonxa]] ou ''Llotja'' en catalán, encarregada polo gremio de mercadores da cidade. Sagrera traballa na dirección do edificio até arredor de [[1447]]. As obras non sería terminadas até o [[1452]] polo seu continuador, [[Guillem Vilasclar]]. Na Lonxa, Sagrera creoun espazo abovedado sostido sobre delgadas columnas estriadas , que confiren ao salón unha elevado senso de levedade. Segundo Pérez Sánchez, Sagrera debeuse inspirar na igrexa dos dominicos da mesma cidade de Palma, hoxe desaparecida. O arquitecto voltou traballar como escultor, con destaque xeral entre os críticos para o anxo da fachada, de factura máis lixeira que as imaxes da Sé. A lonxa de Sagrera convértese nunha obra cimeira do gótico civil ibérico, tan escaso de exemplos, pero case todos erguidos nos reinos orientais hispánicos. Entre as edificacións que a imitan destaca a [[Lonxa de Valencia]].
 
=== En Italia ===