Guillem Sagrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:Llotja palma seccio.jpg|thumb|right|300px|Sección da Lonxa de Palma de Mallorca]]
[[Imaxe:Neapol Castel Nuovo.JPG|thumb|right|300px|Portada occidental do Castel Nuovo de Nápoles e pórtico occidental de Francesco Laurana]]
 
'''Guillem Sagrera''' ([[Felanitx]], [[Mallorca]], ca. [[1380]] - [[Nàpoles]], [[1456]]) foi un arquitecto e escultor [[Mallorca|mallorquín]] dos períodoa [[gótico]] e [[gótico internacional]].
Liña 9:
 
=== En [[Palma de Mallorca]] ===
A partir do [[1420]], Guillem Sagrera é nomeado [[mestre de obras|mestre maior]] da [[catedral de Palma de Mallorca]], onde dirixe diversas obras. Entre todas destaca a ''Porta do Mirador'', da que non só dá as trazas, senón que efectúa labor escultórico, no que salientan as estatuas de [[san Pedro]] e [[san Paulo]] (a virxe da mesma está hoxe no Museo de Palma, entanto no lugar ha unha réplica).
 
En [[1426]] acomete unha das súas obras máis completas: a [[Lonxa de Palma de Mallorca|Lonxa]] ou ''Llotja'' en catalán, encarregada polo gremio de mercadores da cidade. Sagrera traballa na dirección do edificio até arredor de [[1447]]. As obras non sería terminadas até o [[1452]] polo seu continuador, [[Guillem Vilasclar]]. A lonxa de Sagrera convértese nunha obra cimeira do gótico civil ibérico, tan escaso de exemplos, pero case todos erguidos nos reinos orientais hispánicos. Entre as edificacións que a imitan destaca a [[Lonxa de Valencia]].