Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Liña 284:
Xabier, diríxome a ti outra vez pois vou ter un problema á hora de seguir editando este artigo. Vou necesitar máis cores, xa que en anteriores eleccións teño as seguintes siglas,CDS, AP, PCG, ANGN, UG, ALI, UCD e CD.Si teñen que ser en inglés, damas nesa lingua.
Saúdos e grazas pola túa axuda.--[[Usuario:PepedoCouto|PepedoCouto]]
 
== As actuacións arbitrarias non fan equipo, non constrúen unha comunidade forte e sa ==
 
Xabier, é frustante que se repita unha actitude, no meu xuízo arbitraria e humillante; primeiro observeino no pelexo da usuario:Alma sendo acusada arbitrariamente de monicreque, agora obsérvoo no meu pelexo ao ser revertida a [[Usuario:Quatrinauta&oldid=712220|miña páxina de usuario]] indicando razóns inconcretas, como poñer información personal (na páxina personal!) e que cando pido explicacións non se me dan máis que é porque aparenta ser un blog. Perdoa pero iso non poido crelo: os que utilizades blog, entre outros ti e Albert galiza, que me revertiu a páxina, supoño que entenderedes que non é moi normal pensar que a miña páxina personal sexa un blog, cando non tén unha actualización nin diaria nin semanal nin mensual. En tal caso seríao a túa páxina pois vendo o [[http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario:Xabier_Cid&action=history|historial]] dáme a impresión de que ti si que a utilizabas como blog, e casualmente borráchelo pouco despois da reversión da miña páxina. O mesmo me parece ao ver o historial da páxina de Albert galiza, quen incluso tivo durante anos a ligazón ao seu blog personal, ata que a borrou agora coincidindo coa acusación contra a miña páxina.
 
Como dicía na [[Usuario:Quatrinauta&oldid=712220|páxina que me foi revertida]], quizais a miña toma de postura non sexa apreciada polo grupo dominante, pro aínda así tiven e teño que facelo, simplemente por cuestión de dignidade. É unha auténtica pena que, no pouco tempo que me queda os fins de semana, en vez de poñerme a editar os artigos que me interesaban teña que dedicarme a defenderme de actuacións arbitrarias. Así non coido que sexa a forma de construír unha comunidade, sinceramente. Saúdos