Sindicato de Oficios Varios de Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
Á altura do [[1933]] estaba dirixido por [[José Monzo|José Monzo Ríos]] (Presidente), Serafín García (Vicepresidente), José Neira Torrado (Secretario), Adolfo Caamaño (Vicesecretario), Manuel Regueira (Tesoureiro), Manuel Prado (Vicetesoureiro), José Barbeiro (Bibliotecario), Julio Caamaño, Francisco Guitián e Laureano Riveiro (Vocais).
====Actuación sindical e cultural====
Desenvolveu unha intensa laboura durante todo o período republicano, levando a cabo importantes folgas e diversas accións, encamiñadas á dignificación da clase obreira e ao seu enriquecemento cultural. Desde finais do 1931, e coma se anuncia na totalidade dos números de [[Solidaridad Obrera]] dese período, manterase un boicot ao café La Terraza, que non permitía a sindicación dos seus empregados. O conflicto semellará amañado en xullo do [[1932]], coa sinatura dun compromiso; mais, por diversas razóns, reavivarase no ano seguinte, estendéndose o boicot ao Salón Moderno. No [[1933]] estalarán dúas bombas na Terraza e unha no Moderno, que só causarán desperfectos materiais, pero surtirán un gran impacto.
 
Liña 8:
 
Estivo integrado na [[Federación Comarcal de Sindicatos de Betanzos e Sada]] e, a partires do 1936, na [[Federación Comarcal de Sindicatos de Sada]]. Foi representado no pleno da [[CRG]] do 1933 en Santiago de Compostela e no da [[CNT]] do 1936 en [[Zaragoza]] por [[José Monzo]].
====Guerra Civil====
 
Coa sublevación militsar do [[1936]], sería completamente desartellado, e os seus membros máis significativos haberíanse agochar ata seren asasinados (José Neira Torrado, José Cadaveira Guimarey), fuxir cara o exilio (Serafín García) ou sufrir penas de prisión e multas económicas. O seu Presidente, [[José Monzo]], tras dous anos agochado nos emprazamentos máis insólitos, optaría por se quitar a vida antes de que lla arrebatasen.