Morgado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Liña 1:
Chámase '''morgado''' á práticapráctica de repartir a [[herdanza]] de xeito desigual, transmitindo a parte principal dos bens a un dos herdeiros, tradicionalmente o primoxénito varón. O morgado instáurase na [[Galiza]] na [[Baixa Idade media]] como parte do proceso da [[formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval]]. Estes bens tiñan carácter inalienábel e indivisíbel, debendo permanecer para sempre no seo da [[familia]].
 
Institucións similares existiron noutros países europeos, dando lugar á posición social da [[aristocracia]], de forma que o groso do patrimonio dunha familia non se diseminaba, senón que só podía aumentar. Estas institucións non eran exactamente o mesmo, asi o '''majorat''', instituidoinstituído por Napoleón e regulado no estatuto do [[1 de Marzomarzo]] de [[1808]] como forma de transmisión dos títulos de nobreza e os seus bens asociados. Na comunidade polaco-lituana, o seu nome era '''ordynacja''' e foi introducido a finais do século XVI polo rei Stefan Batory.
 
==O "''mayorazgo"'' castelán==
O "''mayorazgo"'' é creado mediante as Leis de [[Toro]] en [[1505]], baixo o reinado dos [[Reis Católicos]] (embora a raiña xa morrera, deixara estabelecida a súa vontade no testamento). A súa función era controlar o fraccionamientofraccionamento dos bens dun nobre que producían as herdanzas e as vendas, como un medio de manter o seu poder económico. Algunhas familias da incipiente burguesía castelá acolléronse tamén a esta figura legal.
 
A creación dun ''mayorazgo'' comezaba usualmente coa vinculación dun solar ou casa solar. Ás veces, estes vínculos incluían un [[título nobiliario]], que pasaba xunto ao resto de bens, mentres que a todos os excluídos do morgadoomorgado províasellesse lles provía dalgún xeito a condición de [[fidalguía]]. A institución contemplaba a posibilidade de engadir novos bens ao vínculo, pero os bens xa vinculados non poderían ser alienados nin repartidos en herdanza.
 
A institución do ''mayorazgo'' foi a culminación dunha serie de privilexios outorgados aos nobres casteláns por [[Enrique IV de Castela]], quen foron logo os principais favorecidos no outorgamento de cargos de goberno polos Reis Católicos. O estamento nobiliario castelán fíxose así máis poderoso e influente que o dos outros reinos que compuñan os seus dominios.
 
===Decadencia===
Este sistema de vinculacións económicas foi criticado no ''Informe no Expediente da Lei Agraria'' escrito por [[Gaspar Melchor de XovellanosJovellanos]] a pedido da Sociedade Económica de Amigos do País madrileña, cuxa consecuencia directa foi a [[desamortización]] de [[Manuel Godoy]] en [[1798]].
 
A institución do morgado estivo vixente até a Lei Desvinculadora de [[1820]] que suprimiu todos os vínculos. A pesar diso perdurou algún tempo nalgunhas zonas mediante unha artimaña legal, xa que a lei non contemplou as doazóns entre vivos. O posuidor do morgadoomorgado dáballo ao seu fillo como achegueachega ao seu matrimonio, o fillo pasaba a ser o novo señor e os seus pais a gozar do usufructo por vida da metade da casa solar.
 
A partir dese momento, con contadas excepcións, as subdivisións por herdanza da maioría das grandes casas españolas fixeron que perdesen paulatinamente o seu pasado esplendor e poder.