Pobo copto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Prevert (conversa | contribucións)
m corrixo ligazóns de homónimos
Liña 1:
O termo '''copto''' designa á vez unha lingua (tamén coñecida como ''[[lingua copta|copta]]''), un pobo, un rito e unha igrexa. Procede da palabra [[gregoLingua grega|grega]] Αίγύπτιος (''Aigyptios'', ''exipcio''), deformada (con [[síncope|síncope fonética]]) polos coptos en ''Kuptios'' e, após a invasión árabe de [[641]], en قُبْط ''Qubṭ'' (ou قِبط ''Qibṭ''). É esta última forma a que se adoptou nas linguas occidentais como [[etónimo]] e tamén para a lingua.
 
'''Copto''' refírese aos [[cristianismo|cristiáns]] orixinarios de [[Exipto]], en concreto aos membros da [[Igrexa Ortodoxa Copta]]. Porén, algúns historiadores árabes usan esta palabra para designar a todos os habitantes de Exipto con anterioridade á chegada do [[Islam]]. Os cristiáns exipcios non usan esta palabra; chámanse simplemente "cristiáns". O termo resulta problemático tamén porque algúns úsanno para se referiren aos supostos descendentes auténticos dos antigos exipcios, que equiparan aos non [[musulmán]]s.