Gimli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
→‎Na adaptación ó cine: Adición de imaxe
Liña 19:
 
== Na adaptación ó cine ==
[[Imaxe:John Rhys-Davies.jpg|thumb|200|John Rhys-Davies]]Na triloxía levada ó cine por [[Peter Jackson]], Gimli é interpretado por [[John Rhys-Davies]], que foi deliberadamente elixido porque era máis alto que os actores que interpretaban ós [[Hobbit]]s. Así, nas escenas onde Gimli e os Hobbits aparecían ó mesmo tempo, parecían ter en proporción os seus tamaños respectivos, e nas escenas onde interactuaban con personaxes humanos empregábanse trucos para pór o seu tamaño a escala.
 
Nas películas, a personalidade ruda de Gimli é deliberadamente esaxerada en comparación coa de Aragorn e Legolas, e en ocasións corresponde coa parte cómica, cousa que algúns fanáticos dos libros de Tolkien atoparon desagradable. Unha defensa desta postura é que orixinalmente, nos libros, [[Peregrin Tuc|Pipin]] e [[Merri]] eran os personaxes cómicos; ó avanzar a historia, a guerra fainos madurar, así que Gimli convértese no personaxe cómico para diminuír a tensión dramática.