Contido eliminado Contido engadido
Acerto (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Acerto (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 275:
*Botei unha ollada ás demais wikipedias e parecen que todos tiraron a información da propia web da organización pero na alemá aparecen as organizacións que forman parte dela, a maioría son partidos políticos e hai uns poucos gobernos no exilio, eu tampouco coñezo ningunha fonte de información fiable.[[Usuario:Acerto|Acerto]] 21:38, 17 febreiro 2008 (UTC)
*Ola, entre os membros da UNPO puxeches que hai varios gobernos de repúblicas autónomas rusas, hai un problema con iso para que un goberno autónomo poda ser ou formar parte dunha organización internacional ten que ser validado polo goberno estatal (o ruso neste caso) senón non se considera válido e non se pode dicir que o goberno dese territorio pertence oficialmente a tal organización, habería que saber que decidiu exactamente ese goberno e se esa decisión está axustada a dereito, eu non teño esa información e habería que contrastala con algunha fonte que non sexa a web da UNPO.[[Usuario:Acerto|Acerto]] 22:44, 17 febreiro 2008 (UTC)
*Mala sorte o do ordenador, cando menos o pensas falla, espero que non tardes moito en volver: eu son dos que miraba na túa páxina para saber como iamos cos tailandeses e cebuanos e a profundidade. Respecto o do mapa da UNPO non lle vexo moita utilidade, que apareza toda Rusia marcada cando só conta con organizacións ou gobernos (se é correcta da información da súa web) que cobren unha parte do seu territorio ou que aparece toda Angola por Cabinda, eu directamente quitaría o mapa, ademais co texto da imaxe case dá a sensación que son os estados os que pertencen á UNPO, o dito mellor quitar o mapa que non engade información, máis ben desinforma.[[Usuario:Acerto|Acerto]] 15:05, 18 febreiro 2008 (UTC)