Diferenzas entre revisións de «Ledesma, Boqueixón»

(Interwiki: +pms)
No río hai catro ínsuas. Ademais das pontes (unha moderna e outra medieval ou romana) que cruzan o río pasadas As Ínsuas, tamén se pode cambiar de banda do río a través das propias ínsuas. Dende a banda sur, onde está un dos bares máis frecuentados pola mocidade local, pódese chegar á ínsua máis grande, onde ademais está o campo da festa. A superficie desta ínsua está limpa de mato, agás nas beiras do río, onde se permitiron medrar as árbores e herba grosa. Ademais das instalacións montadas para as festas locais, esta ínsua conta cun palco permanente de cemento e tamén dunha escultura en honor do escritor [[Xosé Neira Vilas]], natural de [[Gres]]. Río arriba están as outras insuíñas, ás que se pode acceder dende esta primeira, sendo a última a chamada "Ínsua dos namorados" (por evidentes razóns), así coma tamén á outra banda do río grazas a uns pasais no medio da auga. Estas insuelas forman parte da cultura recreativa da poboación de Ponteledesma e de Gres, pois aí xúntanse os mozos e mozas para se bañaren en verán.
 
==Galería de Imaxes==
::''Vexa a [[Galería de imaxes de Boqueixón]]==
<gallery>
Image:Ponteledesma -Coruña.JPG|Ponte de Ledesma sobre o [[río Ulla]]
Image:Ponteledesma_2eue.jpg|Ponteledesma
Image:Ponteledesma_4eue.jpg|[[Río Ulla]]
Image:Ponteledesma GDFL6.JPG
Image:Campanario Ledesma.JPG
</gallery>
 
===Parroquias de Boqueixón===
{{Boqueixón}}
 
 
 
 
==Véxase tamén==
40.243

edicións