Diferenzas entre revisións de «Nazgûl»

Os nove Nazgûl xurdiron como os servos máis poderosos de Sauron na [[Segunda Idade]] da Terra Media. Dise que tres dos Nove foran orixinalmente "grandes señores" de [[Númenor]]. Todos foran [[Home (Terra Media)|Home]]s mortais, a cada un dos cales Sauron dera un dos [[Aneis de Poder]] forxados para os Homes. O propósito de Sauron era controlar os Nove Aneis mediante o poder do seu Anel Único, forxado en segredo a tal fin. Isto acabaría sendo a súa perdición:
 
<blockquote>{{Cita|'' "Aqueles que usaron os Nove Aneis tornáronse poderosos no seu tempo, reis, feiticeiros e guerreiros de antano. Obtiveron gloria e grandes riquezas, mais resultou na súa ruína. Gozaban, segundo semellaba, da vida eterna, e porén a vida facíaselles insoportábel. Podían, de o desexaren, camiñar sen ser vistos por ningún ollo baixo o sol, e podían ver cousas en mundos invisíbeis para os homes mortais; mais demasiado a miúdo contemplaban só as pantasmas e ilusións de Sauron. E un a un, antes ou despois, dependendo da súa forza innata e da bondade ou maldade das súas vontades no inicio, caeron baixo a escravitude do anel que portaban e da dominación do Único que era o de Sauron. E tornáronse para sempre invisíbeis agás para el, que levaba o Anel Dominante, e adentráronse na esfera das sombras. Eran os Nazgûl, os Espectros do Anel, os servos máis terríbeis do Inimigo; a escuridade acompañábaos, e os seus berros eran as voces da morte" ''
<ref>Tolkien, J.R.R. (1978),The Silmarillion: George Allen & Unwin, Suffolk, "Of the Rings of Power and the Third Age", páx 346, ISBN 0618126988</ref>.</blockquote>}}
 
O efecto corruptor dos Aneis prolongou a súa vida moi alén dos seus anos mortais, mentres as súas formas corpóreas se esvaecían co tempo até se volver completamente invisíbeis aos ollos dos mortais. Presentaban unha forma visíbel só por medio do seu atavío negro exterior. O reflexo vermello dos seus ollos podía apreciarse mesmo á luz do día, e ao se enfureceren aparecían envoltos nun lume infernal. Contaban con multitude de armas; n'''[[A Irmandade do Anel]]'' portaban espadas de aceiro, e o seu líder, o [[Rei Bruxo de Angmar]], esgrimía un coitelo con propiedades máxicas malignas. Máis adiante, durante a [[Batalla dos Campos de Pelennor]], levaba unha "espada longa e pálida"<ref>Tolkien, J.R.R. (2002), O Regreso do Rei: Edicións Xerais de Galicia, Vigo, "O asedio de Gondor", páx. 118, ISBN 84-8302-916-2</ref> que inspiraba terror nos corazóns dos defensores de [[Minas Tirith]], e logo de chegaren os [[Rohirrim]] brandiu unha maza nun duelo contra [[Éowyn]].
3.209

edicións