Manwë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
→‎Personaxe: Adición de contido e referencias
Liña 4:
Manwë é o irmán menor de [[Melkor]] na concepción de [[Eru Ilúvatar|Eru]], que lle concedeu o maior poder e autoridade sobre Arda, converténdoo no seu representante. A súa esposa é [[Varda]], coa que vive nas súas mansións, no alto de [[Taniquetil]], a montaña máis alta de Arda, en [[Valinor]].
 
É o ''Señor do Vento'' e o ''Primeiro Rei''. Arda é o seu dominio, pero o seu principal amor é o elemento do aire, e por iso chámaselle '''Súlimo''', ''Señor do alento de Arda''<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.), The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Valaquenta", páx. 28</ref>; outros dos seus sobrenomes son o ''Alto Rei de Arda'' e o ''Señor do Oeste''. As aguias son as súas mensaxeiras e o [[Maiar|Maia]] [[Eonwë]] é o seu heraldo.
 
Cando Melkor creou a disonancia durante a [[Ainulindalë|Música dos Ainur]], Manwë substituíuno como director da canción<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.), The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Ainulindalë", páx. 21</ref>. Após a formación de Arda, Manwë exerceu o seu cargo de gobernante de maneira bondadosa e compasiva, indiferente ao seu propio poder. Porén, non comprendia o mal, nin sequera na forma do seu propio irmán. Así, cando Melkor cumpriu a súa condena de tres idades á que fora sometido após a Guerra dos Poderes<ref>Véxase o artigo [[Anos das Árbores]]</ref>, liberouno sen sospeitar dos seus plans. Isto permitiu a Melkor sementar a desconfianza no corazón de [[Fëanor]], envelenar as [[Dúas Árbores de Valinor]], asasinar a [[Finwë]], roubar os [[Silmaril]]s e incitar a revolta dos elfos [[Noldor]]. Para alentar aos [[Eldar]], fixo que [[Aulë]] crease os barcos que carrexarían o [[Sol]] e a [[Lúa]], sabedor da inminente chegada dos [[Home (Terra Media)|Home]]s, e enviou a [[Thorondor]] e as demais aguias para vixialos.
 
Após a [[Guerra da Cólera]], da que saíu derrotado Melkor (agora chamado Morgoth), Manwë expulsouno ao baleiro, fóra de Arda. Segundo a profecía de [[Mandos]], na [[Dagor Dagorath|Batalla Final]], cando Morgoth e o seu fiel aliado [[Sauron]] escapen, Manwë e os dous Señores Escuros enfrontaranse nas Chairas de Valinor, mais nin o Vala nin o Señor Escuro resultarán mortos, e será o Home [[Túrin Turambar]] quen acabe con Morgoth.
 
==Notas e referencias==
<references/>
 
{{Ainur}}