Yavanna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Engadido de referencias e de información adicional
Liña 4:
Yavanna é unha dos [[Valar]], os seres anxelicais que custodian e gobernan [[Arda]] (o mundo no universo de Tolkien). É a esposa de [[Aulë]] e a encargada da ''Olvar'' ([[flora]]) e ''Kelvar'' ([[fauna]]) do mundo. As súas forma visíbeis son unha muller alta vestida de verde ou unha grande árbore que verte orballo dourado sobre a terra.
 
Cando [[Eru Ilúvatar]] (a versión de [[Deus]] de Tolkien) permite que as creacións de Aulë, os [[Anano (Terra Media)|Ananos]], sobrevivan, Yavanna teme que estes acaben tallando todas as árbores da Terra Media. Eru responde á súa pregaria creando aos [[Ent]]s para protexeren as árbores. As [[Aguia (Terra Media)|Aguias]] tamén teñen a súa orixe na canción de Yavanna e [[Manwë]]. Tanto os Ents como as Aguias deben a súa existencia aos "espíritos vidos de lonxe" invocados pola mente de Yavanna para habitaren entre a fauna e a flora de Arda<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.), The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Quenta Silmarillion", páx. 51</ref>.

As [[Anos das Lámpadas|Dúas Lámpadas]] son creadas por Aulë a petición de Yavanna, e a súa luz fai [[xerminación|xermolar]] as sementes plantadas por ela. Logo de que [[Morgoth|Melkor]], o Vala maligno, destruíse as Dúas Lámpadas e de que os Valar se retirasen ao afastado Oeste para fundar o reino de [[Valinor]], Yavanna crea por medio do seu canto as [[Dúas Árbores de Valinor]] que iluminan a terra dos Valar.
 
Yavanna é unha dos poucos Valar que nunca abandonaron completamente a [[Terra Media]], pois continuou viaxando a ela para arranxar os danos que [[Melkor]], o Vala maligno, inflixía sobre as súas creacións. Por este motivo, tamén instou continuamente aos demais Valar a combater abertamente a Melkor, prevendo unha guerra que sería inevitábel antes da chegada dos Fillos de Ilúvatar ([[Elfo]]s e [[Home (Terra Media)|Humanos]])<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.), The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0048231398, "Quenta Silmarillion", páx. 45-46</ref>
 
==Referencias==
<references/>
 
{{ainur}}