Jedi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 44:
 
Tras alcanzar certo nivel de progreso son asignados a un mestre persoal (que posúa o rango de Cabaleiro) e convértese en Padawan.
 
===== Padawan =====
 
O nivel de Padawan é o segundo, e adquírese cando o futuro Jedi é escollido por un Cabaleiro Jedi, quen será o seu mestre. Antes o Padawan ten que ser Iniciado Jedi.
 
Un Padawan é un "[[aprendiz]] no adestramento práctico" e adoita viaxar co seu mestre resolvendo conflitos ao longo da Galaxia. Éste ten que ser escollido antes de que o Iniciado que ascende ao nivel de Padawan alcance os 13 anos, xa que de non ser así, non se alcanzaría nunca o nivel de Jedi, pasando a traballar para a [[República Galáctica]] con traballos menores (pero sempre relacionados coa Forza).
 
Unha das características diferenciadoras dos Padawan, aparte da súa curta idade, o corte de cabelo ''Squicciarini'', ao rape e cunha trenza longa na parte dereita, que nace detrás da orella. Cando pasan ao nivel de cabaleiro, ésta é cortada (exemplo: [[Obi-Wan Kenobi]], e [[Anakin Skywalker]], éste último como se pode ver nas Guerras Clónicas).
 
Moitos foron os Padawan que existiron ao longo da historia da [[Orde Jedi]]. Algúns levaron a cabo importantes empresas antes de converterse en cabaleiros, outros non superaron as tentacións do Lado Escuro e moitos morreron polo camiño.
 
Estes son algúns deles:
 
*[[Chian]]
*[[Jempa]]
*[[Mari Amithest]]
*[[Tholme]]
 
===== Cabaleiro Jedi =====
 
Cando o Padawan é nomeado Cabaleiro Jedi, deixa de ser aprendiz de Jedi e pasa a ser un Jedi profesional. Pode ser mestre dalgún Padawan, cumprir con misións ou ben estudar a Forza en calquera [[Templo Jedi]]. A maioría dos Jedi durante os últimos anos da [[República Galáctica]] ostentaban dito título, reservándolle a poucos o de Mestre Jedi. Moitas veces usábase o título de Cabaleiro Jedi para xeneralizar aos membros de toda a Orde Jedi, cousa que é incorrecta.
 
===== Mestre Jedi =====
 
É o grado máis alto da xerarquía. [[Mace Windu]] e [[Yoda]] pertencen a este rango, e tamén [[Obi-Wan Kenobi]] a partir da batalla de Honorgr nas guerras Clon. Tódolos Jedi están rexidos por un [[Alto Consello Jedi]], que á súa vez coordina outros consellos de menor poder, un deles, o consejo encargado do adestramento Jedi, atópase en [[Alderaan]]. Nestes consellos, ningún Jedi ten máis autoridade que outro, todos toman decisións en conxunto. Nin había ningún Mestre Jedi que non fora membro do Alto Consello Jedi desde a creación deste, nin Cabaleiro que o fose (aínda que por única vez na historia da Orde houbo un Cabaleiro Jedi que o foi: Anakin Skywalker). Polo xeral, os Mestres Jedi están tan ocupados, que non poden ser mestres de ningún Padawan. Con todo, o tempo sí lles alcanza para ser tutores dun grupo de Iniciados Jedi, se é que o Mestre Jedi ofrécese a selo.